Un grupo de docentes de gaélico visita a Academia

A Real Academia Galega recibiu onte pola tarde un grupo de docentes de gaélico escocés que visitan estes días Galicia. O obxectivo da estadía é coñecer a situación do galego e experiencias para o seu fomento que poidan inspirar medidas para a promoción da súa propia lingua. A visita ten lugar no marco do proxecto Languages for Education, do programa de mobilidade na educación Erasmus.

O gaélico escocés é falado por unhas 60.000 persoas, apenas o 1% da poboación de Escocia. Os docentes están a coñecer distintas institucións implicadas na promoción do galego e no seu ensino para coñeceren de primeira man iniciativas que poidan ser tamén de utilidade para a preservación desta lingua céltica.

Os profesores, acompañados polos asesores do Centro Autonómico de Formación e Innovación da Consellería de Innovación Carlos Rodríguez e Ana Lorigados, interesáronse polas funcións da Real Academia Galega e percorreron as súas instalacións da rúa Tabernas, 11 da Coruña.

Dicionario
Axenda de actos Ver todos
Venres 15 de novembro de 2019 / 19:00 h
Toponimízate - Beariz
Luns 18 de novembro de 2019 / 16:30 h
Toponimízate - Ordes
Martes 26 de novembro de 2019 / 19:00 h
A Coruña - Inauguración do Simposio Antonio Fraguas
Mércores 27 de novembro de 2019 / 16:30 h
Santiago de Compostela - Simposio Antonio Fraguas
Xoves 28 de novembro de 2019 / 16:30 h
Santiago de Compostela - Simposio Antonio Fraguas

Novas da Academia

Subscríbete