Rosario Álvarez, elixida presidenta do Consello da Cultura Galega

Rosario Álvarez foi elixida onte presidenta do Consello da Cultura Galega. A catedrática de Filoloxía Galega da Universidade de Santiago de Compostela, membro de número da Real Academia Galega desde 2003, sucede no posto o tamén académico Ramón Villares.
Rosario Álvarez. Autor: X. Castro

O pleno do Consello da Cultura Galega votou favorablemente a candidatura de Rosario Álvarez, a única presentada tras a finalización do mandato do catedrático de Historia Contemporánea da USC, segundo informou a propia institución, onde a nova presidenta xa ocupaba a vicepresidencia desde 2010. Rosario Álvarez (Pontevedra, 1952) definiu o seu proxecto como de "continuidade, non continuísmo" e como unha etapa con "novo pulo, novos retos e novos modos".

A académica ocupou distintos postos de responsabilidade ao longo da súa carreira. Foi vicerreitora de profesorado da USC e directora do Departamento de Filoloxía Galega e do Instituto da Lingua Galega da mesma universidade, e como membro da RAG foi tesoureira entre 2013 e 2017. No eido investigador, os seus traballos céntranse na gramática descritiva da lingua galega, no cambio lingüístico e na edición de textos do galego medio e da etapa previa ao Rexurdimento.

Dicionario
Axenda de actos Ver todos
Xoves 28 de xuño de 2018 / 19:30 h
Presentación - concerto: 'Padre Manuel Feijoo. Música da nosa terra'

Novas da Academia

Subscríbete

Cursos de Verán


Toda a información
nesta páxina

Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego

Descargar

Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega

Consultar

Hemeroteca Virtual Galicia nas páxinas dos seus xornais.

IR

Cuberta do Boletín 377

Boletín da Real Academia Galega
nº 377

Descargar

Cadernos de Lingua
nº 36

Descargar