Presentación do novo número de ‘La Tribuna. Cadernos de Estudos da Casa-Museo Emilia Pardo Bazán’

A Casa-Museo Emilia Pardo Bazán acollerá o mércores 24 de outubro, a partir das 19 horas, a presentación do último número da súa revista, La Tribuna: Cadernos de Estudos da Casa-Museo Emilia Pardo Bazán. No acto intervirán o presidente da Real Academia Galega e director da Casa-Museo, Víctor F. Freixanes; o director da publicación, o académico Xosé Ramón Barreiro Fernández; Javier Ozores, autor do libreto que adapta a novela La Tribuna á ópera; e a doutora Mar Novo, que centrará a súa intervención nos contos de Emilia Pardo Bazán. Tamén participará persoal do Arquivo da RAG que afondará na presenza da autora nos fondos documentais que custodia a institución.

Detalle da cuberta do novo número da revista La Tribuna: Cadernos de Estudos da Casa-Museo Emilia Pardo Bazán


O último número da revista publica, entre outros contidos, o libreto La Tribuna, no que Javier Ozores adapta a novela homónima da escritora coruñesa da man de Gabriel Bussi, que asina a parte musical. Deste labor falará Ozores, mentres que Mar Novo se deterá noutro subxénero narrativo no que destacou Emilia Pardo Bazán, o do relato. A filóloga dedicou aos contos da autora a súa tese de doutoramento, un traballo que será recollido en forma de resumo no vindeiro número de La Tribuna: Cadernos de Estudos da Casa-Museo Emilia Pardo Bazán.

Dicionario

Novas da Academia

Subscríbete