Presentación da curtametraxe documental 'Amantes da Terra'

A sede da vicerreitoría do campus de Pontevedra acolleu na véspera da celebración do Día das Letras Galegas a presentación da curtametraxe documental Amantes da Terra. A peza é unha aproximación á figura de Antonio Fraguas a través de diversos testemuños, entre eles o de Amparo Rodríguez, veciña e amiga de Cotobade que o coñeceu de novo e que o recorda recollendo so cantares que cantaban as mozas. Décadas despois o etnógrafo recompilaríaos no Cancioneiro de Cotobade.

Un momento da presentación da curtametraxe documental na Casa das Campás. Fonte: DUVI / UVIGO


O presidente da Real Academia Galega, Víctor F. Freixanes, é outra das persoas entrevistadas na curtametraxe, que pode verse en Youtube. A académica Fina Casalderrey participou en representación da RAG na presentación da peza audiovisual producida por Quique Queiman e e Andrea Pousa, que leva o mesmo nome que o seu espectáculo musical dedicado a Fraguas. No acto tamén se estreou o videoclip da canción Fraguas de Amor, composta por Sergio Gramary inspirándose en coplas populares recollidas por Fraguas e incluída no mesmo espectáculo.

Dicionario
Axenda de actos Ver todos
Venres 15 de novembro de 2019 / 19:00 h
Toponimízate - Beariz
Luns 18 de novembro de 2019 / 16:30 h
Toponimízate - Ordes
Martes 26 de novembro de 2019 / 19:00 h
A Coruña - Inauguración do Simposio Antonio Fraguas
Mércores 27 de novembro de 2019 / 16:30 h
Santiago de Compostela - Simposio Antonio Fraguas
Xoves 28 de novembro de 2019 / 16:30 h
Santiago de Compostela - Simposio Antonio Fraguas

Novas da Academia

Subscríbete