Os Premios da Crítica de Galicia recoñecen o labor de Ana Romaní a prol da cultura e da lingua

A XLI edición dos Premios da Crítica de Galicia recoñeceu, na modalidade de Iniciativas Culturais e Científicas, o labor de Ana Romaní a prol da promoción e difusión da cultura galega e a súa defensa da lingua propia. A académica electa recolleu o galardón o pasado sábado en Vigo, nunha celebración na que tamén foron premiados nas demais modalidades a obra A nena do abrigo de astracán, do recentemente falecido Xabier P. Docampo, e o filme Matria de Álvaro Lago; o científico José Luis Mascareñas, a música Mercedes Peón, o arquitecto Javier Alonso de la Peña, a Federación de Razas Autóctonas de Galicia (Boaga), e a Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas.
Ana Romaní na entrega dos
Premios da Crítica

O xurado salientou o labor de Ana Romaní "a prol da visibilidade, promoción e difusión da nosa cultura, nas súas diversas manifestacións ou expresións, así como a súa defensa e uso do galego, labor que desenvolveu maioritariamente como directora do programa Diario Cultural da Radio Galega dende o seu inicio, no 1990, ata mediados do presente 2018". Na súa decisión destacou ademais a "declarada vontade de intervención e perspectiva feminista" da xornalista e escritora.

O presidente da Fundación Premios da Crítica de Galicia, Bieito Ledo, abriu o acto no que se deu a coñecer a resolución dos galardóns, unha celebración que xuntou a trescentas corenta persoas representativas dos diversos ámbitos da vida cultural, social e política do país, entre elas o presidente da Real Academia Galega, Víctor F. Freixanes.

Máis información na web da Fundación Premios da Crítica de Galicia.


Ana Romaní, acompañada de Lupe Gómez, Antón Lopo, Uxía Senlle, Malós Cabrera, Ramón Nicolás e Víctor F. Freixanes tras a entrega dos Premios da Crítica de Galicia
Dicionario

Novas da Academia

Subscríbete

Cursos de Verán 2019


Toda a información
nesta páxina

Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego

Descargar

Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega

Consultar

Hemeroteca Virtual Galicia nas páxinas dos seus xornais.

IR

Cuberta do Boletín 378

Boletín da Real Academia Galega
nº 378

Consultar

Cadernos de Lingua
nº 36

Consultar