Os premios Cidade de Pontevedra recoñecen a traxectoria de Rosario Álvarez a prol da lingua

Os premios Cidade de Pontevedra recoñeceron na última edición a traxectoria de Rosario Álvarez. A académica recolleu o galardón nunha cerimonia celebrada no teatro Principal da súa localidade natal, onde destacou a importancia das raíces pontevedresas na súa identidade. "De aí nace o meu amor pola cultura popular e pola lingua da xente, o meu interese e dedicación ao patrimonio inmaterial, sobre todo lingüístico, como creación colectiva de milleiros de homes e mulleres, anónimos, ao longo da historia", salientou no seu discurso. Os premios Cidade de Pontevedra tamén distinguiron nesta edición a Escola Superior de Deseño Téxtil e Moda de Galicia.

Rosario Álvarez na entrega dos premios Cidade de Pontevedra. Fonte: Concello de Pontevedra


Rosario Álvarez é catedrática de Filoloxía Galega e Portuguesa da Universidade de Santiago de Compostela,e directora da Sección de Lingua da Real Academia Galega, á que pertence como membro de número dende 2003, e en 2018 converteuse na primeira presidenta do Consello da Cultura Galega. O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, gabou o seu traballo a prol da lingua galega, un labor "dunha valía incalculable para este país, no que tantas veces temos que asistir, mesmo desde o exercicio da acción pública, aos reiterados intentos de minorizar o noso idioma a través de todas as formas posibles", expresou.

Dicionario

Novas da Academia

Subscríbete

Cursos de Verán 2020


Toda a información
nesta páxina

 

Cuberta do Boletín 379

Boletín da Real Academia Galega
nº 379

 

Cadernos de Lingua
nº 37

 

Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego
(23ª ed.)

 

Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega

 

Hemeroteca Virtual
Galicia nas páxinas dos seus xornais.