'Os novísimos da poesía galega', o outro debut de María Victoria Moreno

En 1973 María Victoria Moreno vía saír do prelo o seu primeiro libro, Mar adiante, unha narración para o público máis miúdo ao que dedicaría gran parte da súa obra como escritora. Ese mesmo ano tamén facía a súa primeira incursión como estudosa das letras galegas, un terreo que cultivou en menos ocasións pero no que foi quen de demostrar a súa competencia como filóloga. O resultado foi Os novísimos da poesía galega, unha antoloxía en edición bilingüe galego-castelán que presentaba dez autores nados a partir de 1943. A obra recibiu críticas duras por parte de quen viu nas súas páxinas exceso de poesía social e a etiqueta de "novísimos" perseguiu a parte dos escolmados ata moito tempo despois, como recorda un deles, Darío Xohán Cabana. O que se dicía naquel libro tampouco agradou ao réxime franquista, que chegou a prohibir a presentación pública da antoloxía. Fronte a aquela recepción hostil, Xesús Alonso Montero defende a obra e salienta tanto a calidade da análise que precede os versos seleccionados, onde María Victoria Moreno fai unha "moi atinada historia do galego literario desde a óptica sociolingüística", como o rigor na tradución que permitiu que as novas voces da poesía galega chegasen a esferas ata o momento pouco accesibles.
'

"Galicia no es bilingüe, sino diglósica (...). Afirmar en 1973 que el gallego es más poético que el castellano supone negarle su naturaleza de lengua cabal y desorientar a sus hablantes", sentenciaba a antóloga no limiar d'Os novísimos da poesía galega. María Victoria Moreno xuntou neste volume noventa poemas, en boa parte inéditos, de dez autores que loitaban coa súa escolla lingüística contra prexuízos coma estes: Farruco Sesto Novás, Lois Diéguez, Alfredo Conde, Xosé Vázquez Pintor, Lois Álvarez Pousa, Xesús Rábade Paredes, Margarita Ledo Andión, Darío Xohán Cabana, Fiz Vergara Vilariño e Xavier Rodríguez Barrio. Os versos de cada autor, precedidos da súa respectiva autopoética, foron escolmados por María Victoria Moreno, quen asumiu o encargo de Xesús Alonso Montero. O académico foi o creador da colección Arealonga de Akal, que acubillou o volume cuxo título recordaba a célebre antoloxía de Josep Maria Castellet Nueve novísimos poetas (Barcelona, 1970).

 Xesús Alonso coñecera a María Victoria Moreno a mediados dos anos 60 cando ambos coincidiron como docentes no Instituto Masculino de Lugo. Alí foi onde tamén coñeceu Xesús Rábade Paredes: "No momento da publicación desta antoloxía xa estaba plenamente integrada na lingua galega, podía ler perfectamente en galego e estaba moi ben informada da literatura galega" Xesús Rábade Paredes, aínda un alumno, a escritora, que se establecera en 1963 en Galicia, a terra que converteu no seu fogar tras nacer en Estremadura e criarse e medrar en Castela, Cataluña e Madrid. "Era unha licenciada nova, moi intelixente e unha docente próxima, cousa que naquela época non era o habitual, espertaba axiña empatía en todos", recorda. Da súa man accedeu ás obras de Lorca, Neruda ou Miguel Hernández, "que daquela non podían lerse aquí", e tamén recibiu o seu apoio nos primeiros pasos que deu como poeta. Foi ela quen lle prologou en 1969 o seu primeiro libro, Xuntos cara o mañán, e foi tamén ela quen decidiu que debía formar parte d'Os novísimos da poesía galega. "No momento da publicación desta antoloxía xa estaba plenamente integrada na lingua galega, podía ler perfectamente en galego e estaba moi ben informada da literatura galega", subliña.

Os seus coñecementos de lingua e literatura galegas quedaron reflectidos nun prólogo "moi interesante, porque fai un estudo no que inclúe a poesía como parte da historia social do país", apunta Margarita Ledo Andión, a única muller incluída na antoloxía. A académica recorda que lle chamara a atención outro trazo do limiar: agás Xesús Alonso Montero, ningún dos autores dos que se serviu para fiar o discurso nestas páxinas (Cernuda, León Felipe, Lorca...) era galego, indicio da "certa fraxilidade dos estudos literarios en Galicia" naquela altura.

Margarita Ledo non comparte a crítica xeneralizada do momento de que Os novísimos da literatura galega teña unha marcada dominante de poesía social. Está presente, mais non é tan intensa, di. Pero  houbo analistas que non aceptaron un tipo de "poesía incidental" froito dunha actitude vital dunha serie de autores novos que escribían sobre "temas novos que tiñan que ver co presente". E que o facían en galego cando a literatura era "practicamente o único territorio en que se che permitía usar o galego a nivel público", destaca.

A propia María Victoria Moreno subliña no prólogo o que significaba para os autores esta escolla lingüística en plena ditadura: "Para ellos, pues, la elección supone un compromiso de solidaridad con la lengua B y con la clase que la habla. Ese compromiso determina su temática: una vez elegida la lengua de los labradores, de los marineros y de los emigrantes, procede hablar para ellos, de las cosas que ellos entienden y estando de su parte en los planteamientos". Consciente das críticas que se repetirán, a antóloga tamén defende os poetas elixidos. "Pienso que esta postura se establece sobre el vacío. Que es fruto de la irreflexión, de la superficialidad o del desconocimiento de lo que han sido y pueden ser las letras gallegas dentro de su peculiar entorno histórico, social y lingüístico. Es precipitado juzgar lo que hacen nuestros jóvenes poetas, procediendo por comparaciones con lo que hacen los de París, los de Barcelona o los de Madrid. Es asimismo precipitado lanzar sobre ellos todas las críticas de que está siendo objeto la poesía social tópica. Y es precipitado porque esto -¡ay!- no es París, ni Barcelona, ni Madrid. Y porque esta poesía social no es tópica, sino fruto tardío de la más pura: aquí existe todavía la fe que en otras partes se ha perdido".

Estas palabras de pouco serviron para aplacar os ataques. Pouco despois, en 1974, Margarita Ledo pasou á clandestinidade en Portugal; cando regresou centrouse no xornalismo e deixou a un lado a poesía. Pero aos que continuaron publicando versos a etiqueta de novísimos asociada á imaxe de epígonos da poesía social de Celso Emilio Ferreiro perseguiríaos por moito tempo. "E iso non era así, porque n'Os novísimos hai de todo", expresa Xesús Rábade Paredes, que defende en calquera caso o valor da poesía comprometida.

"Que María Victoria Moreno nos incluíra na antoloxía foi importante para nós, eu tiña 21 anos e algún aínda era máis novo. O problema é que se produciu unha certa simplificación da crítica. Algúns seguimos sendo nos anos 80 e 90 os novísimos nun Darío Xohán Cabana: "Que nos incluíra na antoloxía foi importante para nós. Pero produciuse unha certa simplificación e algúns seguimos sendo nos anos 80 e 90 ‘os novísimos' en sentido despectivo, despois de publicar dez ou quince libros e a pesar de que non fomos nunca unha xeración" sentido despectivo, mesmo despois de publicar dez ou quince libros e a pesar de que non fomos nunca unha xeración", engade o académico Darío Xohán Cabana, quen plasmou moito despois sobre o papel aquela experiencia e a súa pegada no prólogo de Lugar do canto (2008), de Xesús Rábade Paredes. Coma o seu amigo, Darío Xohán Cabana estudara no Instituto Masculino, pero non foi alumno da protagonista do Día das Letras Galegas 2018. Coñeceríaa anos despois a través do colega en común, e aínda que a relación con ela non foi tan estreita, aquela profesora un tanto excéntrica deixaría tamén nel un recordo especial. "Lembro que nos axudou a miña muller e a min nunha situación complicada. Era unha muller enormemente acolledora e moi boa", valora.

O contido social foi, en calquera caso, o que xerou reticencias na censura previa que tivo que pasar a antoloxía, proceso do que dá conta Montse Pena na biografía A voz insurrecta. María Victoria Moreno, entre a literatura e a vida (2018). Con todo, puido saír do prelo sen modificacións, pero unha das presentacións, organizada no Mercantil de Santiago en marzo de 1974, foi prohibida polo gobernador civil, lembra Xesús Alonso Montero, que dedicou na revista Madrygal un artigo á xestación e publicación d'Os novísimos da poesía galega.

Reencontro na Casa do Saber o 19 de outubro
Sobre esta antoloxía falarán o vindeiro 19 de outubro ás 20:00 horas na Casa do Saber -a sede do vicerreitorado da USC no campus de Lugo- catro dos seus protagonistas, os lucenses Lois Diéguez, Xavier Rodríguez Barrio, o académico Darío Xohán Cabana e a académica Margarita Ledo. Será nun encontro moderado por Tonina Gay, dentro dun ciclo de tres sesións dedicado ás Letras Galegas 2018 que organiza o Club Cultural Valle-Inclán. Na primeira, o 15 de outubro, Xesús Rábade Paredes falará da súa relación con María Victoria Moreno e a derradeira, o 25 de outubro, será unha mesa redonda sobre a lingua galega hoxe coa presenza de Teresa Cabello -profesora xubilada de lingua galega nada en Valladolid e residente en Galicia desde 1974-, Manuel Celso Matalobos -xefe do departamento de lingua galega do IES Lucus Augusti, o antigo Instituto Masculino onde traballou a homenaxeada- e o xornalista Antón Grande. Carmen Longarela Pena moderará o debate.

Dicionario
Axenda de actos Ver todos
Martes 23 de outubro de 2018 / 19:00 h
Conferencia de Carlos Núñez: O éxito da "marca celta" e a súa profundidade
Mércores 24 de outubro de 2018 / 19:00 h
Presentación do novo número da revista da Casa-Museo Emilia Pardo Bazán
Martes 27 de novembro de 2018 / 16:30 h
Simposio María Victoria Moreno
Mércores 28 de novembro de 2018 / 16:30 h
Simposio María Victoria Moreno

Novas da Academia

Subscríbete

Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego

Descargar

Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega

Consultar

Hemeroteca Virtual Galicia nas páxinas dos seus xornais.

IR

Cuberta do Boletín 378

Boletín da Real Academia Galega
nº 378

Consultar

Cadernos de Lingua
nº 36

Consultar