O Museo do Pobo Galego lembra a Carlos García Martínez

O Museo do Pobo Galego rendeulle homenaxe a Carlos García Martínez a pasada fin de semana, cadrando co 41 aniversario da inauguración desta emblemática institución cultural, que dirixiu desde 1999 ata o seu pasamento o pasado 17 de marzo. O historiador era membro correspondente da Real Academia Galega desde 1972. 

O presidente da Real Academia Galega, Víctor F. Freixanes, no centro da imaxe, durante a homenaxe a Carlos García Martínez. Fonte: Tino Viz / Museo do Pobo Galego

O presidente da Real Academia Galega, Víctor F. Freixanes, participou na homenaxe que encheu o auditorio do Museo do Pobo Galego de colaboradores e amizades de Carlos García Martínez. María Xosé Fernández conduciu o encontro e Miro Casabella encargouse da parte musical.

Os intervenientes coincidiron en destacar o compromiso coa cultura e a identidade galegas que sempre demostrou Carlos García e o seu importante papel á fronte do Museo do Pobo Galego. Entre outros, tomaron a palabra o presidente do padroado do museo, Justo Beramendi; a vicepresidenta, Concha Losada; a historiadora Encarna Otero; o alcalde de Santiago, Martiño Noriega; e Carlos A. García Pose, en representación da familia.

Dicionario
Axenda de actos Ver todos
Venres 16 de novembro de 2018 / 20:00 h
Charla da campaña Toponimízate en Moaña
Mércores 21 de novembro de 2018 / 16:30 h
Charla da campaña Toponimízate en Miño
Xoves 22 de novembro de 2018 / 13:00 h
Ourense: Exposición dos 150 anos da 'Gramática' de Saco Arce
Xoves 22 de novembro de 2018 / 16:30 h
Ourense: Homenaxe a Saco Arce. 150 aniversario da 'Gramática gallega'
Venres 23 de novembro de 2018 / 17:30 h
Charla da campaña Toponimízate en Parada de Sil
Martes 27 de novembro de 2018 / 13:00 h
'Toponimízate' chega a Cospeito
Martes 27 de novembro de 2018 / 16:30 h
Simposio María Victoria Moreno
Mércores 28 de novembro de 2018 / 16:30 h
Simposio María Victoria Moreno
Venres 30 de novembro de 2018 / 19:00 h
Charla da campaña Toponimízate en Cariño

Novas da Academia

Subscríbete

Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego

Descargar

Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega

Consultar

Hemeroteca Virtual Galicia nas páxinas dos seus xornais.

IR

Cuberta do Boletín 378

Boletín da Real Academia Galega
nº 378

Consultar

Cadernos de Lingua
nº 36

Consultar