O alumnado do instituto Santiago Apóstolo de Buenos Aires visita a Academia

A Real Academia Galega abriulles as portas un ano máis aos alumnos e alumnas do Instituto Arxentino-Galego Santiago Apóstolo que visitaron estes días Galicia. O presidente da institución, Víctor F. Freixanes, foi o encargado de lles dar a benvida no salón de actos da rúa Tabernas e explicarlles a historia da Academia e as súas funcións.

O presidente da RAG, Víctor F. Freixanes, posa co alumnado e o profesorado do centro arxentino-galego. Fonte: RAG


Unha vintena de mozos e mozas, estudantes dos últimos cursos, visitaron a RAG acompañados polas profesoras Beatriz Caldas e Daniela Maldonado. O grupo arxetino-galego puido coñecer da man do persoal técnico da Real Academia Galega a riqueza da biblioteca e do arquivo institucionais, e realizou unha visita guiada á Casa-Museo Emilia Pardo Bazán.


Un momento da visita á biblioteca da RAG

 


O alumnado puido tamén coñecer como funciona o arquivo
Dicionario
Axenda de actos Ver todos
Xoves 5 de decembro de 2019 / 19:00 h
Charla de Toponimízate - Casa da cultura de Noia
Mércores 11 de decembro de 2019 / 11:30 h
Charla da campaña Toponimízate nas Neves
Luns 16 de decembro de 2019 / 14:30 h
Charla da campaña Toponimízate - Folgoso do Courel
Martes 17 de decembro de 2019 / 15:45 h
Charla da campaña Toponimízate - Cerdedo-Cotobade
Xoves 19 de decembro de 2019 / 12:30 h
Charla da campaña Toponimízate - Pazos de Borbén

Novas da Academia

Subscríbete