Simposio Carballo Calero

Xoves, 22 de outubro de 2020 - 19:00 horas

Ver emisión
en directo

Música para o poema "Ferrol 1916" e unha nova ollada á 'Farsa das zocas'

O teatro Jofre acolleu este mércores a estrea pública da peza "Ferrol 1916" que o compositor Miguel Brotóns escribiu a partir do poema homónimo de Ricardo Carballo Calero. A composición púxolle o ramo ao acto no que o Consello da Cultura Galega presentou tamén unha edición especial da obra teatral do protagonista do Día das Letras Galegas Farsa das zocas, que inclúe un estudo introdutorio do profesor da Universidade da Coruña Carlos Biscainho. 
Dramatización de Farsa das zocas


"Presentamos dúas pezas que, en dous contextos distintos, evocan a cidade de Ferrol", salientou a presidenta do CCG, Rosario Álvarez. A obra teatral Farsa das zocas baséase nun conto recollido en San Sadurniño pero malia a súa aparencia popular conta tamén con moitas chiscadelas ao teatro culto. O público puido gozar da gravación da dramatización do texto por parte da compañía A Quinta do Cuadrante segundo a dramaturxia de Tito Asorey.

O acto concluíu coa interpretación da peza musical "Ferrol 1916". A estrea absoluta tivo lugar o propio 17 de maio, pero por mor da pandemia desenvolveuse sen público na sede do CCG. Desta volta, a soprano Patricia Rodríguez Rico e o pianista Alejo Amoedo interpretaron a creación de Miguel Brotóns ante os asistentes ao acto que se desenvolveu na localidade natal de Carballo Calero. 

Dicionario
Axenda de actos Ver todos
Xoves 22 de outubro de 2020 / 19:00 h
Simposio Ricardo Carballo / Carvalho Calero
Creación literaria
Xoves 29 de outubro de 2020 / 19:00 h
Simposio Ricardo Carballo
Carvalho Calero - Ideas e achegas ao idioma
Sábado 7 de novembro de 2020 / 9:45 h
V Xornada de Onomástica Galega: Os nomes comerciais - Museo de Pontevedra

Novas da Academia

Subscríbete