Simposio Carballo Calero

Xoves, 22 de outubro de 2020 - 19:00 horas

Ver emisión
en directo

Miguel Anxo Seixas Seoane presenta na Academia a súa biografía de Castelao

O historiador Miguel Anxo Seixas Seoane presentará o luns 2 de marzo na Real Academia Galega o primeiro tomo da súa biografía de Castelao, un traballo monumental que afonda na figura do maior intelectual do galeguismo do século XX na súa integridade. O acto terá lugar xusto cen anos despois da inauguración na Coruña, o 2 de marzo de 1920, da primeira exposición das súas estampas recollidas posteriormente no álbum Nós. Miguel Anxo Seixas Seoane estará acompañado na presentación polo presidente da RAG, Víctor F. Freixanes; Dolores Vilavedra, en representación da Editorial Galaxia; e o catedrático da USC e académico Ramón Villares, presidente do tribunal da tese na que se basea esta ambiciosa publicación. "Cumpría tentar ver o Castelao enteirizo, pero en todas as súas dimensións e, a ser posible, en todas as relacións", xustifica o autor na introdución.
Miguel A. Seixas Seoane. Autor: Xurxo Lobato

Castelao. Construtor da nación. Tomo I. 1886-1930 (2019) é a primeira de tres entregas que verán a luz na colección Grandes Biografías de Galaxia. Miguel Anxo Seixas (Arzúa, 1960) procura na achega máis ambiciosa á figura de Castelao situar todo o que foi e deitou no seu tempo un home cuxa vida, vivida entre 1886 e 1950, condensa e resume unha parte relevante da historia de Galicia. "El, un dos construtores da nación, é unha testemuña privilexiada e un actor. Neste home de Rianxo está o mar e está a terra, está a Galicia de aquén e a de alén mar en que foi emigrante", expresa o historiador na introdución.

A obra baséase nunha revisión exhaustiva dos fondos relacionados con Castelao espallados por distintas institucións e en información facilitada tamén por particulares a ambas as beiras do Atlántico. "Neste andar ás crebas existe unha cidadanía que me axudou a construír esta obra", agradece o autor Miguel Anxo Seixas Seoane.

Dicionario
Axenda de actos Ver todos
Xoves 29 de outubro de 2020 / 19:00 h
Simposio Ricardo Carballo
Carvalho Calero - Ideas e achegas ao idioma
Sábado 7 de novembro de 2020 / 9:45 h
V Xornada de Onomástica Galega: Os nomes comerciais - Museo de Pontevedra

Novas da Academia

Subscríbete