María Xesús Lama gaña o Premio Nacional de Ensaio coa súa biografía de Rosalía

María Xesús Lama (Lugo, 1964) é a gañadora do Premio Nacional de Ensaio 2018 pola súa obra Rosalía de Castro. Cantos de independencia e liberdade (1837-1863). Así o decidiu hoxe o xurado, do que formou parte a académica correspondente da RAG Alba Nogueira xunto a representantes doutras once institucións e gañador da anterior edición. O traballo da profesora de Literatura Galega da Universidade de Barcelona foi elixido por "contribuír a revisar unha imaxe tópica de Rosalía de Castro ancorada nunha visión romántica e chorona, amosando unha escritora lúcida, independente e defensora da liberdade, a igualdade e a xustiza social", informa o Ministerio de Cultura. 
María Xesús Lama. Imaxe cortesía de Galaxia
 

 Rosalía de Castro. Cantos de independencia e liberdade (1837-1863) (Galaxia, 2017), narra as orixes familiares da escritora e os seus primeiros anos da vida e de mocidade, aproveitando os últimos achados da investigación filolóxica e histórica.

A autora desta nova ollada á autora fundacional das letras galegas contemporáneas estudou Filoloxía Galego-Portuguesa e Filoloxía Hispánica na Universidade de Santiago de Compostela e doutorouse pola Universidade de Barcelona cun traballo sobre a apropiación de temas das lendas celtas e doutros da Bretaña pola literatura galega contemporánea.  A interrelación entre os procesos de construción nacional e a literatura galega centra a súa investigación, que se desenvolve arredor de tres eixes: a vida e obra de Rosalía, o tratamento literario da suposta orixe celta de Galicia e a literatura da emigración e o exilio. É ademais tradutora de distintas obras do inglés e o alemán ao galego e colabora con distintas revistas literarias.

A decisión do xurado reunido hoxe no Ministerio de Cultura converte a María Xesús Lama na cuarta muller en recibir este premio, que recae por segunda vez nunha obra galega, despois de que o conseguise en 2008 De provincia a nación: historia do galeguismo político, de Justo Beramendi.

 

 

Dicionario
Axenda de actos Ver todos
Venres 16 de novembro de 2018 / 20:00 h
Charla da campaña Toponimízate en Moaña
Mércores 21 de novembro de 2018 / 16:30 h
Charla da campaña Toponimízate en Miño
Xoves 22 de novembro de 2018 / 13:00 h
Ourense: Exposición dos 150 anos da 'Gramática' de Saco Arce
Xoves 22 de novembro de 2018 / 16:30 h
Ourense: Homenaxe a Saco Arce. 150 aniversario da 'Gramática gallega'
Venres 23 de novembro de 2018 / 17:30 h
Charla da campaña Toponimízate en Parada de Sil
Martes 27 de novembro de 2018 / 13:00 h
'Toponimízate' chega a Cospeito
Martes 27 de novembro de 2018 / 16:30 h
Simposio María Victoria Moreno
Mércores 28 de novembro de 2018 / 16:30 h
Simposio María Victoria Moreno
Venres 30 de novembro de 2018 / 19:00 h
Charla da campaña Toponimízate en Cariño

Novas da Academia

Subscríbete

Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego

Descargar

Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega

Consultar

Hemeroteca Virtual Galicia nas páxinas dos seus xornais.

IR

Cuberta do Boletín 378

Boletín da Real Academia Galega
nº 378

Consultar

Cadernos de Lingua
nº 36

Consultar