Manuel Rivas e María do Cebreiro, premios da Crítica en galego

O escritor e membro de número da Real Academia Galega acaba de gañar o Premio da Crítica na categoría de narrativa en lingua galega de 2015 coa súa nova novela, O último día de Terranova. Na modalidade de poesía en galego a Asociación Española de Críticos Literarios concedeuse esta distinción a María do Cebreiro por O deserto.
Manuel Rivas e María do Cebreiro
Manuel Rivas, retratado por Xosé Castro o día do seu ingreso na RAG e María do Cebreiro, nunha fotografía de Pablo Cayuela


A historia que Rivas narra n'O último día de Terranova (Xerais) xira arredor da libraría Terranova, rexentada por Vicenzo Fontana, que se ve na obriga de pendurar da porta do negocio familiar un cartel que di "Liquidación final de existencias por peche inminente". Pola súa banda, O deserto (Apiario), noveno libro de poemas de María do Cebreiro, constitúe unha especie de caderno contemporáneo de meditacións e estampas.

As obras gañadoras dos Premios da Crítica en castelán son La habitación de Nona, de Cristina Fernández-Cubas, e Ficciones para una autobiografía, da poeta Ángeles Mora. En catalán a novela premiada é La sega, de Martí Domíguez, e o galardón da modalidade de poesía foi para Gemma Gorga por Mur. En éuscaro foron recoñecidas as obras Lili eta biok, de Ramón Saizarbitora, e o libro de poemas de Juan Kruz Igerabide titulado Lainoa janez.

O xurado dos premios estivo formado por Ángel Basanta, Fernando Valls, Araceli Iravedra, José Luis Martín Nogales, José Enríque Martínez, Jorge de Arco, Luis Bagué, José Belmonte, Francisco Díaz Castro, Juan José Lanz, Nicolás Melini, Xelo Candel, José Vicente Peiró, Manuel Ángel Morales, David Becerra, Manuel Gahete, Lluïsa Julià, Olivia Rodríguez, Javier Rojo e Enrique Turpin.

Dicionario
Axenda de actos Ver todos
Xoves 13 de decembro de 2018 / 19:30 h
Muros - Aula Cemit: Charla da campaña 'Toponimízate'
Venres 14 de decembro de 2018 / 12:00 h
Xinzo de Limia - IES Lagoa de Antela: Charla da campaña 'Toponimízate'
Mércores 19 de decembro de 2018 / 10:00 h
Ribadumia - CPI Julia Becerra Malvar: Charla de 'Toponimízate'

Novas da Academia

Subscríbete

Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego

Descargar

Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega

Consultar

Hemeroteca Virtual Galicia nas páxinas dos seus xornais.

IR

Cuberta do Boletín 378

Boletín da Real Academia Galega
nº 378

Consultar

Cadernos de Lingua
nº 36

Consultar