Máis de 750 microrrelatos optan aos premios da RAG e PuntoGal

A resolución do concurso de microrrelatos convocado pola Real Academia Galega e PuntoGal, prevista para esta semana, posponse ata a primeira semana do mes de xuño debido a atrancos derivados das medidas de confinamento pola pandemia de coronavirus. O número de textos presentados nesta edición de 2020 ascende a 765.

O xurado do concurso concederá nove premios aos mellores textos de ata 200 palabras, tres por cada unha das modalidades. A de adultos é a que suma máis textos presentados, un total de 413. A dirixida a mozos e mozas de entre 12 e 17 anos chegou aos 232, e na infantil avaliaranse 120.

A Real Academia Galega e a Asociación PuntoGal convocan desde 2018 este certame co obxectivo de reforzar a presenza da lingua e da identidade propias no mundo dixital. Os textos premiados na primeira edición poden lerse nesta ligazón e os da segunda, nestoutra.

Dicionario
Axenda de actos Ver todos
Sábado 7 de novembro de 2020 / 9:45 h
V Xornada de Onomástica Galega: Os nomes comerciais - Museo de Pontevedra

Novas da Academia

Subscríbete