Chus Pato, premio Clara Campoamor

Chus Pato acaba de ser recoñecida co Premio Clara Campoamor á igualdade de oportunidades 2018, un galardón concedido polo Concello de Ourense, cidade da que é natural a poeta. O xurado salienta que o labor da académica de número é recoñecido máis alá das nosas fronteiras, con traducións a distintos idiomas e presenza en antoloxías internacionais. Este é un premio, sinala a galardoada, que a emociona porque leva o nome dunha figura, Clara Campoamor, "fulcral na historia das mulleres do Estado español".

"Síntome moi pequena ao lado de Clara Campoamor, este é un premio que me abraia moito e que me incita a un compromiso maior co feminismo", expresa Chus Pato, que recorda a loita polo voto feminino que emprendeu, e gañou, a deputada durante a República. "Conseguiuno, cómpre lembrar, co apoio do Partido Galeguista, cos votos a favor de Castelao e Otero Pedrayo. Despois converteuse nunha refuxiada e non puido volver. Morreu no exilio en Suíza, un país que hoxe tamén acolle a Anna Gabriel", engade.

Chus Pato rexeita etiquetas para definir a creación poética: "considero que a poesía é poesía sen adxectivos, calquera adxectivo en poesía sempre reduce". En calquera caso, recoñece a pegada da teoría e da práctica feminista na súa escrita. "Quen escribe é quen escribe. Eu son feminista desde que teño uso de razón e a miña vida evolucionou á par desa teoría e desa práctica. Desde o momento en que a min o feminismo me transformou, é evidente que a miña poesía se transforma e se marca en feminismo e en feminino", explica.

Dicionario
Axenda de actos Ver todos
Mércores 19 de decembro de 2018 / 10:00 h
Ribadumia - CPI Julia Becerra Malvar: Charla de 'Toponimízate'

Novas da Academia

Subscríbete

Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego

Descargar

Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega

Consultar

Hemeroteca Virtual Galicia nas páxinas dos seus xornais.

IR

Cuberta do Boletín 378

Boletín da Real Academia Galega
nº 378

Consultar

Cadernos de Lingua
nº 36

Consultar