Case 500 microrrelatos optan aos premios da RAG e PuntoGal

Case medio milleiro de textos de ata 200 palabras optan aos premios que repartirá o II Concurso de microrrelatos convocado pola Real Academia Galega e PuntoGal, un cento máis que na anterior edición. O xurado anunciará cales son os gañadores o vindeiro 22 de abril, véspera do Día do Libro.

O II Concurso de microrrelatos da RAG e PuntoGal establece tres categorías diferenciadas por idades e amplía o número de galardóns. Ademais de repartir agasallos de carácter tecnolóxico, ontempla a publicación dos textos gañadores nas páxinas webs da RAG e de PuntoGal e na revista Luzes, que colabora no certame e que tamén publicará unha escolma doutros textos presentados ao certame.

O xurado está formado por dous membros da Real Academia Galega, dous membros da Asociación PuntoGal e un membro do comité de redacción da revista Luzes. A súa composición farase pública canda a resolución do premio.

Dicionario

Novas da Academia

Subscríbete