Cartas históricas para celebrar o Día Internacional dos Arquivos

A Unesco declarou o 9 de xuño Día Internacional dos Arquivos. A data serve para chamar a atención sobre a importancia destes espazos no rexistro e conservación da memoria individual e colectiva. O arquivo da Real Academia Galega súmase á celebración poñendo o foco sobre varias cartas históricas en galego, entre elas unha das primeiras escritas no Rexurdimento na lingua do país, a que Camilo Álvarez de Castro lle dirixiu a Rosalía de Castro en 1863. A escolma pode verse no documento dispoñible nesta ligazón.

Detalle da carta de Camilo Álvarez de Castro a Rosalía


Da correspondencia de Rosalía só se conservan unhas poucas misivas dispersas en varios arquivos, pero a Real Academia Galega custodia a maior parte da correspondencia que recibiu Manuel Murguía. Forma parte deste epistolario a carta na que Camilo Álvarez de Castro, chantre da catedral de Salamanca, felicita con entusiasmo a escritora polos seus Cantares gallegos (1863), que naquel momento colleitaran na maioría dos casos unha fría acollida, incluso entre as amizades da parella.

A escolma presentada co gallo do Día Internacional dos Arquivos inclúe tamén unha carta en galego de Alfredo Brañas ao presidente da Liga Gallega da Coruña, Salvador Golpe, de 1898 e reflicte ademais a época das Irmandades da Fala con outra de Losada Diéguez a Antón Villar Ponte de 1918.

Dicionario

Novas da Academia

Subscríbete

Cursos de Verán 2020


Toda a información
nesta páxina

 

Cuberta do Boletín 379

Boletín da Real Academia Galega
nº 379

 

Cadernos de Lingua
nº 37

 

Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego
(23ª ed.)

 

Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega

 

Hemeroteca Virtual
Galicia nas páxinas dos seus xornais.