Simposio Carballo Calero

Xoves, 22 de outubro de 2020 - 19:00 horas

Ver emisión
en directo

Bernardino Graña publica un novo libro con tres pezas de teatro infantil

Bernardino Graña volve ás librarías cun novo título de teatro infantil, Lobísimo do saco. Tres titiritadas (Galaxia, 2019) O volume foi presentado o pasado venres nunha libraría de Vigo cadrando co 87 aniversario do académico, nun acto que foi tamén unha celebración.

Lobísimo do saco inclúe unha peza inédita do mesmo título e recupera outras dúas, Sinfarainín contra don Perfeuto, publicada na revista Grial en 1975, e Os burros que comen ouro (nunca cabalos serán), de 1992. As tres historias, protagonizadas por animais, están cheas de humor, mais tamén convidan a reflexionar sobre o abuso do poder. Teatro, en definitiva, dirixido ao público infantil, pero non só.

Bernardino Graña participou na presentación acompañado na mesa polo presidente da Real Academia Galega, Víctor F. Freixanes, o académico Xesús Alonso Montero, o crítico literario Ramón Nicolás e a escritora e profesora Malores Villanueva.

Dicionario
Axenda de actos Ver todos
Xoves 29 de outubro de 2020 / 19:00 h
Simposio Ricardo Carballo
Carvalho Calero - Ideas e achegas ao idioma
Sábado 7 de novembro de 2020 / 9:45 h
V Xornada de Onomástica Galega: Os nomes comerciais - Museo de Pontevedra

Novas da Academia

Subscríbete