Ánxela Gracián asina unha biografía novelada de María Victoria Moreno

A escritora e tradutora Ánxela Gracián asina Doce cartas a María Victoria, unha biografía novelada sobre a protagonista do Día das Letras Galegas 2018 narrada por un dos seus personaxes, o lobo Garimoso de Mar adiante (1973). O volume será presentado mañá, martes 20 de marzo, ás 19:30 horas na libraría Couceiro de Santiago de Compostela.

O académico Xesús Alonso Montero, amigo persoal de María Victoria Moreno, acompañará a autora na presentación do volume publicado por Hércules de Ediciones. Tamén participarán no acto o ilustrador da obra, Antonio Seijas, e a editora, Laura Rodríguez. Miguel Requeixo e Miguel López Pombo encargaranse do acompañamento poético e musical.

Ánxela Gracián achégase a María Victoria Moreno a través de Garimoso, un dos personaxes do primeiro libro que publicou a autora. Fascinado pola nova vida de lobo que non ten obriga de comer carapuchiñas, empeza a ler todos os libros da súa creadora, e tamén os que se escribiron sobre ela. Tras devorar todas estas páxinas, decide mandarlle a María Victoria Moreno doce cartas que rememoran a vida e o legado da escritora que protagonizará o vindeiro 17 de maio.

Dicionario
Axenda de actos Ver todos
Mércores 12 de decembro de 2018 / 16:00 h
Santiago: Lembrando a Samuel Eiján. A poesía relixiosa galega
Mércores 12 de decembro de 2018 / 18:00 h
Ponteceso - Fundación Eduardo Pondal: Charla da campaña 'Toponimízate'
Xoves 13 de decembro de 2018 / 19:30 h
Muros - Aula Cemit: Charla da campaña 'Toponimízate'
Venres 14 de decembro de 2018 / 12:00 h
Xinzo de Limia - IES Lagoa de Antela: Charla da campaña 'Toponimízate'
Mércores 19 de decembro de 2018 / 10:00 h
Ribadumia - CPI Julia Becerra Malvar: Charla de 'Toponimízate'

Novas da Academia

Subscríbete

Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego

Descargar

Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega

Consultar

Hemeroteca Virtual Galicia nas páxinas dos seus xornais.

IR

Cuberta do Boletín 378

Boletín da Real Academia Galega
nº 378

Consultar

Cadernos de Lingua
nº 36

Consultar