Actualización do 'Dicionario da Real Academia Galega'

Entre as novas melloras engadidas atopamos o buscador de sinónimos, a posibilidade de facer buscas avanzadas e a aplicación para móbiles.

Símbolo da Academia.

Avanzando un paso máis no seu compromiso por atender as demandas da sociedade galega de hoxe, a Real Academia Galega presentará, o vindeiro xoves 13 de xuño, unha nova versión do seu Dicionario en liña que inclúe un importante incremento das súas prestacións e accesibilidade.

En canto ás novas ferramentas engadidas, esta versión do Dicionario da Real Academia Galega contén un buscador de sinónimos con exemplos de uso, unha listaxe de termos relacionados coa palabra buscada, e a posibilidade de facer procuras avanzadas por lema e contido. Para facilitar a lectura das consultas, foron eliminadas as abreviaturas e no seu lugar aparecen as correspondentes formas plenas dos termos abreviados.No que atinxe ao aumento da súa capacidade de acceso, o novo Dicionario contará cunha versión para móbiles que empreguen os sistemas "IOS" e "Android".

Esta mellora na capacidade de servizo do Dicionario da Real Academia Galega foi desenvolvida en colaboración coa Fundación Barrié de la Maza.

Dicionario
Axenda de actos Ver todos
Xoves 5 de decembro de 2019 / 19:00 h
Charla de Toponimízate - Casa da cultura de Noia
Mércores 11 de decembro de 2019 / 11:30 h
Charla da campaña Toponimízate nas Neves
Luns 16 de decembro de 2019 / 14:30 h
Charla da campaña Toponimízate - Folgoso do Courel
Martes 17 de decembro de 2019 / 15:45 h
Charla da campaña Toponimízate - Cerdedo-Cotobade
Xoves 19 de decembro de 2019 / 12:30 h
Charla da campaña Toponimízate - Pazos de Borbén

Novas da Academia

Subscríbete