Abre o prazo de preinscrición nos Cursos de lingua e cultura galegas

A Real Academia Galega acaba de abrir o prazo de preinscrición nos Cursos de verán de lingua e cultura galegas "Galego sen fronteiras". A solicitude de prazas poderá realizarse ata o vindeiro 6 de abril. A XXXI edición do programa dirixido a persoas de fóra de Galicia desenvolverase do 2 ao 24 de xullo de 2018 en Santiago de Compostela.

Alumnas e alumnos da pasada edición dos Cursos de lingua e cultura galegas durante un roteiro musical por Santiago de Compostela. Fonte: RAG


Os cursos organizados pola Real Academia Galega lévanse a cabo coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística, o Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago e a Deputación da Coruña. Desde a súa creación en 1988, pasaron polas súas aulas preto de tres mil persoas procedentes de todo o mundo, e que gozaron dunha experiencia de inmersión no idioma e na sociedade galegas durante o mes de xullo. Moitas delas hoxe desenvolven un labor destacado no eido dos estudos galegos fóra de Galicia, e que exercen de auténticos embaixadores da cultura galega.

O folleto informativo cos detalles desta nova convocatoria pode descargarse nesta ligazón. A ficha de inscrición tamén pode descargarse nestoutra ligazón. Para calquera dúbida ou consulta, as persoas interesadas poden dirixirse á secretaría dos cursos a través do correo electrónico cursos@academia.gal.

Dicionario
Axenda de actos Ver todos
Xoves 28 de xuño de 2018 / 19:30 h
Presentación - concerto: 'Padre Manuel Feijoo. Música da nosa terra'

Novas da Academia

Subscríbete

Cursos de Verán


Toda a información
nesta páxina

Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego

Descargar

Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega

Consultar

Hemeroteca Virtual Galicia nas páxinas dos seus xornais.

IR

Cuberta do Boletín 377

Boletín da Real Academia Galega
nº 377

Consultar

Cadernos de Lingua
nº 36

Consultar