A Universitat de Barcelona celebra as Letras Galegas de Carvalho Calero cunha exposición física e virtual

A Universitat de Barcelona (UB) acolle ata o vindeiro 30 de setembro unha exposición bibliográfica sobre Ricardo Carvalho Calero, adaptada tamén ao espazo virtual. A mostra foi organizada pola Biblioteca de Lletres –onde pode verse– coa colaboración de Estudos Galegos da UB.

"Carvalho Calero é un referente central na historiografía literaria galega, amais de crítico e creador, especialmente no ámbito da poesía. Pero sobre todo en Carvalho Calero destaca a figura do profesor cunha autoridade moral insubornable que deixou unha pegada inesquecible", salienta a profesora de Lingua e Literatura Galega da Facultat de Filologia i Comunicació da universidade catalá María Xesús Lama, autora dos textos da mostra.

A pandemia de coronavirus impediu inaugurar a exposición Ricardo Carvalho Calero e a historiografía literaria en Galicia nas datas inicialmente previstas, pero foi reconvertida nunha mostra dixital que pode verse na web do Centre de Recursos per l'Aprenentatge i la Investigació (CRA) da Biblioteca de Lletres en galego e catalán.
 

Dicionario
Axenda de actos Ver todos
Sábado 7 de novembro de 2020 / 9:45 h
V Xornada de Onomástica Galega: Os nomes comerciais - Museo de Pontevedra

Novas da Academia

Subscríbete