A RAG e PuntoGal premian cinco relatos no concurso convocado para proxectar o galego en Internet

Trinta e cinco palabras lle abondaron a Silvia Camesella Gesteira, natural de Nigrán, para facerse co primeiro premio do concurso de microrrelatos convocado pola Real Academia Galega e PuntoGal, entidades que amosaron a súa satisfacción pola alta participación rexistrada e a calidade dos textos recibidos. O seu texto, titulado "Odio as mans frías", foi o mellor valorado polo xurado na xuntanza mantida onte na sede da RAG. Héctor Cajaraville Araújo (Santiago de Compostela) foi recoñecido co segundo premio por "O milagre" e Ceres Serea Manso Acuña (Nigrán) conseguiu un terceiro premio con "Cousas que pasan". Outros dous terceiros premios son para dous menores de idade: Nee Barros Fernández (Marín), de 15 anos, por "Desexo concedido", e Teo Alonso Vidal (Vigo), de tan só 10 anos, por "Unha hora".

Os membros do xurado, Helena Villar Janeiro, Dores Tembrás, Víctor F. Freixanes, Darío Janeiro e Manuel González tras a xuntanza mantida onte. Fonte: RAG


O xurado, composto polo presidente da Real Academia Galega, Víctor F. Freixanes; o presidente de PuntoGal e académico Manuel González; a escritora e académica correspondente Helena Villar Janeiro; o director xeral de PuntoGal, Darío Janeiro; e a poeta, editora e membro do comité de redacción de Luzes Dores Tembrás, avaliou os case 400 relatos de ata 200 palabras que participaron no concurso convocado no marco dunha campaña para proxectar o galego en Internet. Os cinco gañadores impuxéronse nunha listaxe de 14 finalistas que completan "As liñas das túas mans", "As verbas perdidas", "Clase media 2.0", "Babel II", "Espiritismo", "Lección de xeografía", "Se non tivese medo", "Ratos" e "A derrota".

O primeiro premio consiste nun Ipad e unha cámara goPro, o segundo, nun Kindle e un disco duro externo e o terceiro, nun lote de libros, un dominio gratuíto durante un ano e merchandising de PuntoGal, agasallos estes últimos que tamén recibirán os dous mellores relatos. Tanto os relatos gañadores como os demais finalistas serán publicados.

Dicionario
Axenda de actos Ver todos
Mércores 12 de decembro de 2018 / 16:00 h
Santiago: Lembrando a Samuel Eiján. A poesía relixiosa galega
Mércores 12 de decembro de 2018 / 18:00 h
Ponteceso - Fundación Eduardo Pondal: Charla da campaña 'Toponimízate'
Xoves 13 de decembro de 2018 / 19:30 h
Muros - Aula Cemit: Charla da campaña 'Toponimízate'
Venres 14 de decembro de 2018 / 12:00 h
Xinzo de Limia - IES Lagoa de Antela: Charla da campaña 'Toponimízate'
Mércores 19 de decembro de 2018 / 10:00 h
Ribadumia - CPI Julia Becerra Malvar: Charla de 'Toponimízate'

Novas da Academia

Subscríbete

Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego

Descargar

Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega

Consultar

Hemeroteca Virtual Galicia nas páxinas dos seus xornais.

IR

Cuberta do Boletín 378

Boletín da Real Academia Galega
nº 378

Consultar

Cadernos de Lingua
nº 36

Consultar