A RAG e a Academia Brasileira de Letras dialogan no espazo virtual para facer fronte á corentena

O coronavirus segue a espallarse e obriga a cada vez máis persoas en todo o mundo a gardar corentena. Pero o illamento social que esta medida sempre provocou é máis levadío grazas ás tecnoloxías da comunicación, que permiten seguir a tecer redes de difusión e irmandade cultural. É o caso da campaña lanzada pola Academia Brasileira de Letras baixo o cancelo #ABLemSuaCasa, unha iniciativa na que foi convidado a participar o presidente da Real Academia Galega. A mensaxe virtual de Víctor F. Freixanes salienta a "irmandade histórica" entre Galicia e o Brasil e foi agradecida polo seu homólogo da ABL, Marco Lucchesi nestroutro vídeo.


Víctor F. Freixanes destaca na súa mensaxe os lazos que unen a ambas as academias e os seus países, unha base sólida sobre a que a RAG e a ABL asinaron en xaneiro do ano pasado, na sede da Real Academia Galega, un acordo de amizade e colaboración. Meses despois, o pleno da ABL abriulle as portas aos representantes da RAG no marco dunha visita institucional á capital carioca.

A pandemia do coronavirus amosa agora a necesidade de "implementar novas formas de solidariedade, aproximación e veciñanza", expresa no seu vídeo de resposta o presidente da ABL, para quen o diálogo entre as dúas academias e os seus respectivos países, cada vez máis forte, "é un sinal de que é posíbel enfrontar os desafíos dunha forma nobre, intensa e xenerosa".

Dicionario

Novas da Academia

Subscríbete

Cursos de Verán 2020


Toda a información
nesta páxina

 

Cuberta do Boletín 379

Boletín da Real Academia Galega
nº 379

 

Cadernos de Lingua
nº 37

 

Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego
(23ª ed.)

 

Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega

 

Hemeroteca Virtual
Galicia nas páxinas dos seus xornais.