A IV Xornada de Onomástica Galega estará dedicada aos nomes das rúas

A Real Academia Galega celebrará o vindeiro 19 de outubro no Museo de Pontevedra a IV Xornada de Onomástica Galega. O encontro estará dedicado aos nomes das rúas e contará con catorce especialistas que profundarán no seu sistema de conformación nos centros urbanos de Galicia. O programa prestará atención ao compoñente social, histórico e político que subxace nestes nomes e fornecerá os participantes de exemplos de experiencias sobre este tema desenvolvidas nos centros de ensino. Presentarase ademais unha proposta de modelo para as novas denominacións baseada na premisa de recorrer primeiro ás formas tradicionais previas antes cás conmemorativas.

As académicas correspondentes Ana Boullón e Luz Méndez coordinan a nova edición da Xornada de Onomástica Galega. Os encontros, organizados co apoio da Deputación de Pontevedra, estiveron dedicados noutras ocasións á microtoponimia, aos nomes de persoas e apelidos e aos alcumes. Desta volta, o protagonismo será para os nomes das rúas, que tamén portan información da historia colectiva. "Hai dous tipos principais de nomes de rúas: os descritivos, que adoitan recoller un topónimo anterior ou reflicten unha construción (unha igrexa, unha estación, etc) e os conmemorativos, moito máis simbólicos, que sitúan a comunidade nun contexto social, político ou cultural", explica Ana Boullón.

A xornada servirá para afondar na conformación na Idade Media dos nomes de rúas galegas, co foco posto nos casos de Santiago de Compostela e Baiona, e como o seu control significou a apropiación simbólica do espazo público por parte do poder. Abordaranse ademais os procedementos actuais para nomear as novas vías urbanas en Pontevedra, Vigo, A Coruña e Lalín.

Dicionario

Novas da Academia

Subscríbete

Cuberta do Boletín 380

Boletín da Real Academia Galega
nº 380

 

Cursos de Verán 2020


Toda a información
nesta páxina

 

Cadernos de Lingua
nº 37

 

Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego
(23ª ed.)

 

Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega

 

Hemeroteca Virtual
Galicia nas páxinas dos seus xornais.