A EOI de Madrid-Jesús Maestro acolle unha nova charla de 'Toponimízate'

A Escola Oficial de Idiomas de Madrid-Jesús Maestro acolleu este xoves unha nova sesión da campaña Toponimízate. Coñece os nomes da túa terra. O especialista en toponimia do Seminario de Onomástica da Real Academia Galega Vicente Feijoo profundou na riqueza toponímica do país e explicou a orixe e o significado dos nomes de Galicia, das catro provincias e dalgúns concellos. O nutrido público que seguiu a charla, formado en boa medida por galegos e galegas residentes en Madrid ou persoas con raíces en Galicia, interesouse especialmente na quenda de preguntas polos nomes dos municipios, parroquias e aldeas de orixe.

Un momento da charla de Vicente Feijoo na Escola Oficial de Idiomas de Madrid-Jesús Maestro

A campaña Toponimízate continuará a vindeira semana, o venres 16 de novembro, en Moaña. A cita será no salón de plenos do concello pontevedrés a partir das 20:00 horas. As seguintes charlas programadas terán lugar o 21 de novembro en Miño, ás 16:30 horas no Centro Social da Rúa; o 23 de novembro en Parada de Sil, ás 17:30 horas no salón de plenos municipal; o 27 de novembro no CPI Virxe do Monte de Cospeito, ás 13:00 horas; e o 30 de novembro en Cariño, ás 19:00 horas no local social do concello. 

Nesta segunda edición, Toponimízate chegará a un total de 15 concellos galegos. En cada un deles, Vicente Feijoo, ademais de tratar a orixe e o significado dos nomes de cada municipio e das súas parroquias e aldeas, presenta a aplicación colaborativa na que se está a traballar para a preservación e difusión da microtoponimia a través da xeolocalización, e explica como se pode consultar a microtoponimia xa xeorreferenciada no "Buscador de topónimos". As utilidades desta ferramenta abranguen desde as actuacións sobre o territorio dos técnicos municipais (PXOM, catastro...) ata a promoción turística de elementos de interese cultural e rutas de sendeirismo.

A RAG coordina, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, esta iniciativa, que se enmarca dentro dos proxectos Toponimia de Galicia e GeoArpad que coordina a Xunta de Galicia. 

Vicente Feijoo, acompañado das docentes de galego da EOI de Madrid-Jesús Maestro, Neves González Pereiro e Rosa Dorrego Sierra, e Xosé de Arxeriz
Dicionario
Axenda de actos Ver todos
Venres 16 de novembro de 2018 / 20:00 h
Charla da campaña Toponimízate en Moaña
Mércores 21 de novembro de 2018 / 16:30 h
Charla da campaña Toponimízate en Miño
Xoves 22 de novembro de 2018 / 13:00 h
Ourense: Exposición dos 150 anos da 'Gramática' de Saco Arce
Xoves 22 de novembro de 2018 / 16:30 h
Ourense: Homenaxe a Saco Arce. 150 aniversario da 'Gramática gallega'
Venres 23 de novembro de 2018 / 17:30 h
Charla da campaña Toponimízate en Parada de Sil
Martes 27 de novembro de 2018 / 13:00 h
'Toponimízate' chega a Cospeito
Martes 27 de novembro de 2018 / 16:30 h
Simposio María Victoria Moreno
Mércores 28 de novembro de 2018 / 16:30 h
Simposio María Victoria Moreno
Venres 30 de novembro de 2018 / 19:00 h
Charla da campaña Toponimízate en Cariño

Novas da Academia

Subscríbete

Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego

Descargar

Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega

Consultar

Hemeroteca Virtual Galicia nas páxinas dos seus xornais.

IR

Cuberta do Boletín 378

Boletín da Real Academia Galega
nº 378

Consultar

Cadernos de Lingua
nº 36

Consultar