Simposio Carballo Calero

Xoves, 22 de outubro de 2020 - 19:00 horas

Ver emisión
en directo

A Casa grande de Arcadio López-Casanova

Nesta volta do alto verán á Casa, que é teu?, pregunta Arcadio López-Casanova no Diario da Casa grande (Pen Club Galicia, 2019). O último libro do poeta e académico de honra que sae do prelo é froito dunha débeda que trataba de saldar dende había moito tempo. "É un libro que me debía a min e aos meus. Rematei de escribilo o verán pasado, pero escribino ao longo de bastantes anos, interrompidamente, porque foi o libro que máis dor me causou", confesa. A dor da lembranza do pasado e a dor, tamén, do "regreso imposible" á Casa grande, a casa do Páramo (Lugo) que o veu nacer. "O mundo que se tivo xa non se ten e a casa familiar tampouco é a mesa. Está aí, si, pero non é a mesma", reflexiona.
Cuberta do libro

A Casa grande é o símbolo do seu mundo familiar, da terra natal, da infancia evocada a través das páxinas dun libro dedicado á memoria da súa avoa Manoela, do seu pai e dos tíos Celia e Emiliano na casa do Rodo. E dunha maneira máis ampla, a Casa grande é incluso un símbolo de Galicia. O volume contén tamén outra paisaxe vital importante, a de Ondara (Alacant), "fermosa, chea de luz e mar, de acollida, pero na que está o sentimento do exilio, da perda das raíces", explica o académico de honra, catedrático emérito da Universitat de València.

Unha perda marcada pola distancia física, pero sobre todo polo paso do tempo. "A vivencia do tempo demoucador percorre todo o libro, é fundamental nel: como o tempo destrúe todo e acaba coas arelas máis fondas, con esa arela de querer volver ao mundo que se tivo", conclúe. E así e todo, o Diario da Casa grande tamén lle permite ao lector gozar por momentos das celebracións cotiás compartidas cos seres queridos na Casa grande: "Segue a conversa, delongada nestas horas felices, / seguen os recordos, a alegría / daqueles anos de xuventude, deste día / do verán e de volta á Casa".

Dicionario
Axenda de actos Ver todos
Xoves 29 de outubro de 2020 / 19:00 h
Simposio Ricardo Carballo
Carvalho Calero - Ideas e achegas ao idioma
Sábado 7 de novembro de 2020 / 9:45 h
V Xornada de Onomástica Galega: Os nomes comerciais - Museo de Pontevedra

Novas da Academia

Subscríbete