A Biblioteca de Mesopotamia publica a edición máis completa de 'Os Eidos' de Novoneyra

A Biblioteca de Mesopotamia, o selo comunal para a Ribeira Sacra, presentou o pasado sábado en Parada do Courel o seu segundo volume, unha nova edición d'Os Eidos de Uxío Novoneyra con información inédita da xénese do libro e os estados emocionais nos que o autor vivía nos anos en que o escribiu. A Real Academia Galega apoia esta colección nada para "reconstruír unha paisaxe literaria sobre a paisaxe xeográfica.

Elva Rei, viúva de Uxío Novoneyra, intervén na presentación da edición de Os Eidos da Biblioteca de Mesopotamia


A presentación tivo lugar na sede da Fundación Uxío Novoneyra e durante o acto nomeáronse, por primeira vez, dous bibliotecarios de honra do selo: Roberto Varela, actual director de relacións culturais e científicas da Axencias Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento, e Elva Rei, presidenta da fundación e viúva do escritor, ao que a Real Academia Galega lle dedicou o Día das Letras Galegas do ano 2010.

A nova edición d'Os Eidos inclúe un dicionario novoneyriano, titulado "As cores do ucedo", realizado por Emilio Araúxo. O editor, que se entrevistou e conversou con Novoneyra ao longo de máis de quince anos, trae á luz neste texto cuestións ata o momento inéditas sobre o proceso de xestación deste título fundamental da poesía galega do século XX, saído do prelo por primeira vez en 1955. O volume conta ademais cunha introdución de Olga Novo, unha das grandes especialistas na obra do escritor courelao, e unha serie de caligramas relativos ao poemario.

Dicionario
Axenda de actos Ver todos
Mércores 12 de decembro de 2018 / 16:00 h
Santiago: Lembrando a Samuel Eiján. A poesía relixiosa galega
Mércores 12 de decembro de 2018 / 18:00 h
Ponteceso - Fundación Eduardo Pondal: Charla da campaña 'Toponimízate'
Xoves 13 de decembro de 2018 / 19:30 h
Muros - Aula Cemit: Charla da campaña 'Toponimízate'
Venres 14 de decembro de 2018 / 12:00 h
Xinzo de Limia - IES Lagoa de Antela: Charla da campaña 'Toponimízate'
Mércores 19 de decembro de 2018 / 10:00 h
Ribadumia - CPI Julia Becerra Malvar: Charla de 'Toponimízate'

Novas da Academia

Subscríbete

Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego

Descargar

Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega

Consultar

Hemeroteca Virtual Galicia nas páxinas dos seus xornais.

IR

Cuberta do Boletín 378

Boletín da Real Academia Galega
nº 378

Consultar

Cadernos de Lingua
nº 36

Consultar