A alcaldesa da Coruña visita a Real Academia Galega

A comisión executiva da Real Academia Galega recibiu hoxe a alcaldesa da Coruña nunha visita institucional que concluíu cun encontro no que ambas as partes ratificaron a vontade compartida de profundar na colaboración entre o Concello da Coruña e a Academia. A reunión deu continuidade á primeira xuntanza mantida entre Inés Rey e o presidente da RAG, Víctor F. Freixanes, o pasado mes de setembro no pazo de María Pita.

Pola esquerda, Víctor F. Freixanes, Marilar Aleixandre, Inés Rey, Fina Casalderrey, Henrique Monteagudo e Jesús Celemín. Fonte: RAG


Víctor F. Freixanes agradeceu a presenza na Academia da rexedora do Concello da Coruña, a institución municipal que acolleu durante décadas a Academia no pazo de María Pita, antes do seu traslado á rúa Tabernas 11, recordou. Ás portas da súa sede dende 1978, Inés Rey foi recibida polo propio presidente e o secretario da RAG, Henrique Monteagudo; a tesoureira, Marilar Aleixandre; e a arquiveira-bibliotecaria, Fina Casalderrey.

A rexedora, acompañada polo concelleiro de Cultura, Jesús Celemín, deixou constancia no libro de honra da institución da vontade do Concello da Coruña de seguir a colaborar "na defensa da nosa lingua e da nosa cultura", unha intención que concretou tamén na reunión mantida tras coñecer a biblioteca, o arquivo e demais instalacións da Academia. Inés Rey detívose tamén na Casa-Museo Emilia Pardo Bazán, situada na primeira planta do edificio que pertenceu á escritora coruñesa.

Dicionario
Axenda de actos Ver todos
Venres 15 de novembro de 2019 / 19:00 h
Toponimízate - Beariz
Luns 18 de novembro de 2019 / 16:30 h
Toponimízate - Ordes
Martes 26 de novembro de 2019 / 19:00 h
A Coruña - Inauguración do Simposio Antonio Fraguas
Mércores 27 de novembro de 2019 / 16:30 h
Santiago de Compostela - Simposio Antonio Fraguas
Xoves 28 de novembro de 2019 / 16:30 h
Santiago de Compostela - Simposio Antonio Fraguas

Novas da Academia

Subscríbete