21 días co galego, nos Cursos de lingua e cultura galegas

A profesora Pilar Ponte participou onte nos Cursos de lingua e cultura galegas para persoas de fóra de Galicia "Galego sen fronteiras" cunha conferencia na que lle explicou ao alumnado procedente de países de Europa, América, África e Asia o proxecto ‘21 días co galego', que anima os mozos e as mozas do IES da Pobra do Caramiñal a se expresar en galego durante tres semanas, todo o día e con todo o mundo. A docente puxo en marcha neste centro o programa no ano 2012, actuando así a prol do idioma nun tramo de idade vital para o futuro da lingua e no que o proceso de substitución lingüística polo castelán se acelerou notablemente nos últimos anos.

Pilar Ponte comezando a conferencia


Pilar Ponte Patiño contoulles aos 75 alumnos e alumnas chegados a Santiago de Compostela desde vinte e catro países diferentes e cinco comunidades autónomas en que consiste esta experiencia nun relatorio que se desenvolveu no marco do programa de palestras da XXXI edición destes cursos organizados pola Real Academia Galega e o Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago de Compostela.

A docente creou 21 días co galego co obxectivo de que o alumnado da Pobra do Caramiñal acadase unha maior competencia na lingua do país e unha mellor conciencia lingüística a través de actividades variadas, sempre concibidas para levar o idioma sobre todo a aqueles eidos onde nunca estivera na vida dunha parte importante dos e das adolescentes. Desde 2014 é un proxecto de centro que implica a todo o alumnado de ESO e bacharelato. No ano 2015 recibiu o Premio á innovación educativa en normalización lingüística.

A comunidade educativa do IES da Pobra do Caramiñal protagonizou o pasado 8 de maio o primeiro encontro da Real Academia Galega coa xente nova, da man do Colexio Fogar de Santa Margarida da Coruña, que adaptou o proxecto a unha contorna fortemente castelanizado baixo a coordinación do profesor Carlos Medrano.

Dicionario
Axenda de actos Ver todos
Martes 16 de outubro de 2018 / 11:00 h
Entrega dos premios Contádenos o voso Día das Letras
Sábado 20 de outubro de 2018 / 9:30 h
III Xornada de Onomástica Galega: Os alcumes
Mércores 24 de outubro de 2018 / 19:00 h
Presentación do novo número da revista da Casa-Museo Emilia Pardo Bazán
Martes 27 de novembro de 2018 / 16:30 h
Simposio María Victoria Moreno
Mércores 28 de novembro de 2018 / 16:30 h
Simposio María Victoria Moreno

Novas da Academia

Subscríbete

Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego

Descargar

Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega

Consultar

Hemeroteca Virtual Galicia nas páxinas dos seus xornais.

IR

Cuberta do Boletín 378

Boletín da Real Academia Galega
nº 378

Consultar

Cadernos de Lingua
nº 36

Consultar