21 días co galego medra e chega a 1.300 estudantes de catro institutos

O proxecto 21 Días co galego medra. A iniciativa impulsada por Pilar Ponte no IES da Pobra do Caramiñal, protagonista o pasado mes de maio do primeiro encontro da RAG coa xente nova, esténdese aos institutos A Pontepedriña (Santiago de Compostela), Antón Alonso Ríos (Tomiño), Ramón Otero Pedrayo (Ourense) e Francisco Daviña Rey (Monforte de Lemos) co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Fonte: Xunta de Galicia


Noventa e cinco docentes e 1.316 alumnas e alumnos da ESO, de bacharelato e de FP con idades comprendidas entre os 12 e os 18 anos comproméntense a falar soamente nesta lingua as 24 horas do día durante as 21 xornadas que dura o programa 21 días co galego e máis, dentro e fóra do centro de ensino. A iniciativa, que dispón dun blog onde o alumnado compartirá as súas reflexións en gravacións audiovisuais.

O proxecto foi presentado onte pola tarde no instituto compostelán. O presidente da Academia, Víctor F. Freixanes, interveu no acto e animou o alumnado adolescente a rachar cos prexuízos e falar a nosa lingua en todos os contextos.

Dicionario
Axenda de actos Ver todos
Sábado 19 de outubro de 2019 / 9:30 h
IV Xornada de Onomástica Galega. Os nomes das rúas - Museo de Pontevedra

Novas da Academia

Subscríbete