Os Premios Barbantia recoñecen a Clodio González

O académico correspondente Clodio González foi galardoado na última edición dos Premios Barbantia da Cultura. O etnógrafo recibiu un dos premios promovidos pola Asociación Cultural Barbantia canda a dramaturga e actriz Esther Carrodeguas a mais a Asociación Cultural Terra de Outes.
O académico correspondente Clodio González recolle o galardón de mans do secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García


Clodio González recolleu o sereo da modalidade Cultura Galega na festa anual da asociación barbancesa, celebrada o sábado 19 de decembro no auditorio de Rianxo. O académico correspondente desenvolveu ao longo da súa carreira unha fecunda actividade investigadora no campo da historia e da etnografía. O historiador, natural de Cenlle (Ourense), é autor de diversos traballos relacionados co Barbanza e coordina a editorial noiesa Toxosoutos, cuxo catálogo acubilla numerosos autores da comarca.

Dicionario

Novas da Academia

Subscríbete