As palabras do ano distinguirán unha rúa de Lugo

A elección da Palabra do Ano promovida polo Portal das Palabras deixará pegada nunha rúa de Lugo. O goberno municipal anunciou que os termos elixidos por votación popular na iniciativa creada en 2014 pola Real Academia Galega e a Fundación Barrié serán inseridos no pavimento dunha rúa emblemática, indicando tamén o ano en que foron escollidas.

"Con esta iniciativa queremos seguir coa mellora das rúas da cidade e ao mesmo tempo poñer en valor un símbolo tan importante como a lingua galega", salienta o tenente de alcalde e concelleiro de Mobilidade e Infraestruturas, Rubén Arroxo.

A actuación terá lugar nas datas próximas ao Día das Letras Galegas 2021, de maneira que incluirá as palabras elixidas dende 2014 ata 2020: corrupción, refuxiados, irmandade, afouteza, deseucaliptización, sentidiño e nós.

A elección da Palabra do Ano realízase a través do Portal das Palabras, o proxecto para a difusión do léxico galego posto en marcha pola Real Academia Galega e a Fundación Barrié.

Dicionario

Novas da Academia

Subscríbete