Destaques Comentados Palabra Monografía Documento Prensa Peza  

Medalla conmemorativa dos primeiros Xogos Florais do rexionalismo en Tui

Imaxe da cara da moeda
Imaxe da cara da medalla


Os Xogos Florais de Galicia, organizados no Teatro Principal de Tui o 24 de xuño de 1891, constituíron o primeiro acto público celebrado integramente en galego na historia contemporánea de Galicia. Os seus promotores pretendían prestixiar a cultura en galego mediante un concurso literario no que os autores debían presentar traballos inéditos e escritos en galego en calquera das súas formas dialectais, incluíndo o galego berciano e o da comarca do Eo-Navia.

Os Xogos foron un exemplo de diversidade política, neles integráronse demócratas, liberais, federalistas pero tamén conservadores católicos procedentes do tradicionalismo e o carlismo. Esta fráxil alianza entre persoeiros de ideoloxías tan dispares foi só posible grazas á súa xenerosidade e á clara intención, por parte de todos eles, de dar a coñecer á opinión pública a existencia da nación galega. Cumpría transformar a realidade galega mediante a descentralización administrativa e a loita contra o caciquismo.

O discurso de Manuel Murguía, un dos principias patrocinadores dos Xogos, xunto a Alfredo Brañas e o relixioso Manuel Lago González, resume esta actitude reivindicativa da lingua e nacionalidade galegas con parágrafos como o seguinte:

"Léngoa distinta -di o aforismo político- acusa distinta nacionalidade. Digámo-l'o nós tamén, se nos compre con maor firmeza ainda, e poñamos de nós o que faga falla pra que sea para sempre esta léngoa en consonancia c'o noso espríto, e feita como ningun-ha outra, pra espresión d'un-ha literatura tan oposta ô genio d'a de Castilla como é esta que nós temos."

Esta medalla foi batida en Vigo polo xoieiro Enrique Pérez en 1891, nunha das caras reprodúcese unha ave fénix agromando das chamas, acompañada da lenda "SURGE ET AMBULA"; érguete e camiña. A mensaxe implícita é evidente: Galicia precisaba renacer das súas cinzas mediante a unión de todas as forzas galeguistas. Na outra cara, pode lerse a lenda: "TUY PRIMEIRA CONVOCATORIA ANO MDCCCLXXXXI - CONSISTORIO DOS XOGOS FRORAIS-GALICIA".

Imaxe da cruz da moeda
Imaxe da cruz da medalla

Axenda de actos Ver todos
Mércores 12 de decembro de 2018 / 16:00 h
Santiago: Lembrando a Samuel Eiján. A poesía relixiosa galega
Mércores 12 de decembro de 2018 / 18:00 h
Ponteceso - Fundación Eduardo Pondal: Charla da campaña 'Toponimízate'
Xoves 13 de decembro de 2018 / 19:30 h
Muros - Aula Cemit: Charla da campaña 'Toponimízate'
Venres 14 de decembro de 2018 / 12:00 h
Xinzo de Limia - IES Lagoa de Antela: Charla da campaña 'Toponimízate'
Mércores 19 de decembro de 2018 / 10:00 h
Ribadumia - CPI Julia Becerra Malvar: Charla de 'Toponimízate'

Novas da Academia

Subscríbete

Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego

Descargar

Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega

Consultar

Hemeroteca Virtual Galicia nas páxinas dos seus xornais.

IR

Cuberta do Boletín 378

Boletín da Real Academia Galega
nº 378

Consultar

Cadernos de Lingua
nº 36

Consultar