Medalla conmemorativa dos primeiros Xogos Florais celebrados en Tui en 1891.

1 de 9
Bandeira empregada nas exequias de Manuel Curros Enríquez, en 1908.

2 de 9
"Sol negro e campesiñas", óleo de Luís Seoane de 1973.

3 de 9
Machado da Idade de Bronce Final atopado en 1928 en Aveledo, Betanzos.

4 de 9
"Hórreo", acuarela de Alexandra Murguía de Castro de 1874.

5 de 9
"Mulleres na praia", acuarela de Arturo Souto.

6 de 9
Bandeira galega empregada nas exequias de Castelao en 1946. Esta insignia, que o foi tamén do Consello de Galiza, adquiriuse mediante unha colecta entre a comunidade dos emigrantes galegos en Montevideo.

7 de 9
Maleta de Pondal cos borradores de "Os Eoas".

8 de 9
Relicario de Rosalía de Castro. No seu interior contén un guecho do seu cabelo e restos das flores da súa coroa fúnebre.

9 de 9

Colección da Real Academia Galega

A colección da Real Academia Galega formouse ao longo de máis dun século de existencia mediante achegas dos membros, dos propios autores e artistas e tamén grazas á contribución de institucións e persoas a título privado, tanto da terra como da diáspora.

A colección componse de máis dun milleiro de referencias, onde destacan as pezas arqueolóxicas, proba da preocupación que tiña xa desde os seus inicios a entidade polo estudo da historia de Galicia. Tamén posúe gran valor a parte estritamente artística composta por varias ducias de pinturas, centos de debuxos e un modesto número de esculturas, entre as que cabe salientar obras de Seoane, Castelao, Ovidio e Alexandra Murguía, Asorey, Cebreiro, Isaac Díaz Pardo…

Ademais destas dúas grandes seccións, a colección complétase cun bo número de mapas, carteis, bandeiras e curiosidades de todo tipo que conforman unha imaxe cabal, se ben incompleta, da evolución nos intereses culturais e artísticos das persoas que fixeron parte desta institución.

Dicionario
Axenda de actos Ver todos
Luns 18 de novembro de 2019 / 16:30 h
Toponimízate - Ordes
Venres 22 de novembro de 2019 / 19:30 h
Conmemoración do 70 aniversario da colección Benito Soto - Pontevedra
Martes 26 de novembro de 2019 / 19:00 h
A Coruña - Inauguración do Simposio Antonio Fraguas
Mércores 27 de novembro de 2019 / 16:30 h
Santiago de Compostela - Simposio Antonio Fraguas
Xoves 28 de novembro de 2019 / 16:30 h
Santiago de Compostela - Simposio Antonio Fraguas

Novas da Academia

Subscríbete