#: locale=es ## Tour ### Título tour.name = Casa-Museo EMILIA PARDO BAZÁN ## Skin ### Texto Multilinea HTMLText_0230B2B5_12C7_8D67_4186_2B8A5CCF5A89.html =
EMILIA PARDO BAZÁN
Casa Museo - Salón

Na sala II atópanse retrados das súas dúas fillas, Blanca e Carmen. Na mesma sala, encóntrase retratada, sendo moza, a súa nai, dona Amalia de la Rúa Figueroa y Somoza, así como a súa avoa materna, Socorro Somoza e o seu avó político Antonio Francisco Sánchez Seijas.
.
Nunca época na que o papel da muller como salonnière esvaecía, dona Emilia recibía nesta casa, e na casa de Madrid, un bo número de personalidades das esferas política e cultural do momento.

Nesta sala tiveron lugar importantes reunións literarias: reunións da dirección da Revista de Galicia e da Sociedad de Folklore Gallego.

Celebráronse grandes festas. Cómpre salientar as máis relevantes: a celebrada no ano 1866, na que se agasallou a Salustiano Olózaga; a que tivo lugar en 1880, que contou co poeta Zorrilla como convidado de honra; a de 1885, na que participou a Emilio Castelar; ou aquela de 1903, na que se rendeu homenaxe a Miguel de Unamuno.

Nesta sala reproducense dous espazos baseados en dous documentos gráficos que se atopan na sala: Por unha banda, unha fotografía da escritora diante da cheminea, e noutro lado da sala, unha fotografía que retrata a acta de doazón en 1956 da vivienda familiar como sede da Real Academia Galega coa excepción do primeiro andar, “que será destinado a museo que honre y perpetúe la memoria de Emilia Pardo Bazán”
HTMLText_0230B2B5_12C7_8D67_4186_2B8A5CCF5A89_mobile.html =

HTMLText_02ADF6B0_12C5_957D_41A1_829BF3A06AC8.html =
EMILIA PARDO BAZÁN
Casa Museo - Recibidor

O vestíbulo proporciona as coordenadas necesarias para situarnos ante a familia que habitou a casa. A través da calidade dos obxectos que forman parte da Casa-Museo, amósanse as condutas e os modos de vida da sociedade fidalga urbana da época.

Os tapices son un bo exemplo. O de maior tamaño foi tecido en Bruxelas a finais do século XVI. As demais pezas mesturan estilos característicos do momento histórico: o “eclecticismo” do século XIX. Este estilo permite reunir nun mesmo espazo mobles sobredourados de estilo isabelino con outros próximos á estética neoclásica, de liñas máis puras e con acabados de caoba e marquetería.

Os retratos da familia acompañan ao de dona Emilia: o do seu avó paterno, don Miguel, primeiro da saga Pardo Bazán; o do seu pai e conde desde 1871, don José Pardo Bazán y Mosquera e o do seu esposo, don José Quiroga y Pérez de Deza, co que casou dona Emilia en 1868 e co que tivo tres fillos. Tamén existen retratos dos seus descendentes: do seu neto, Jaime Quiroga Collantes.

Na vitrina dispóñense diversos obxectos, algúns dos cales pertenceron ao xeneral Cavalcanti, marido de dona Blanca. De entre os libros, varios foron escritos polos membros da familia: polo seu pai, preocupado polo futuro do campo galego, e polo seu fillo Jaime. Outros relatan as recepcións de dona Emilia como anfitrioa nesta residencia e mais en Madrid
HTMLText_02ADF6B0_12C5_957D_41A1_829BF3A06AC8_mobile.html =

HTMLText_03F344D2_12C5_B53C_41A2_5E0C6C58F6A5.html =
EMILIA PARDO BAZÁN
Casa Museo - Producción literaria

Sala III. A produción literaria
As obras de dona Emilia Pardo Bazán foron e son obxecto de lectura e de constantes estudos que se intensificaron nas últimas décadas. O impacto dos textos na sociedade da época axúdanos a definir o panorama cultural e social de finais do século XIX.
Nesta sala distinguimos cinco espazos:
O primeiro amosa unha visión global da obra de creación de dona Emilia e a posición da autora no mundo literario. As publicacións expostas proceden da biblioteca persoal de dona Emilia. Comparten espazo cun compendio de libros dedicados á autora por figuras relevantes da época :
“A ilustre escriptora hespanhola Dª Emilia Pardo Bazán en testemunha d´a admiraçao e de simpattela.
Affemo”
Eça de Queiroz

O segundo responde á "Cuestión Feminista". A loita continua da escritora nun panorama cultural no que a presenza masculina era maioritaria. Á súa andaina, súmanse aqueles logros recolleitos por mulleres que padeceron situacións similares.

A Cuestión Periodística ocupa o terceiro dos espazos desta sala. Indagamos nunha das mais relevantes facetas da vida profesional da autora. A prensa foi a canle utilizada para a publicación de moitas obras literarias. A autora denota unha aptitude de periodista atenta, cronista incansable e crítica coa sociedade e coa política do seu tempo.

O cuarto espazo está destinado a Marineda; alcume empregado pola escritora en diversos contos, novelas ou artigos periodísticos para nomear a cidade da Coruña. Marineda convértese nunha cidade literiria, a través de coordenadas reais, recrea espazos da Coruña de finais do século XIX.
O último espazo está conformado por dous textos que relacionan á escritora coa Real Academia Galega. O primeiro constitúe unha referencia expresa a unha serie de artigos, publicados en 1896 en A Voz de Galicia, que pon de manifesto a polémica existente entre Manuel Murguía e a condesa. O segundo é o texto no que Pardo Bazán agradece a presidencia honorífica coa que foi recoñecida.

Exemplar do libro de poemas Jaime, dedicado ao seu fillo primoxénito, editado en 1881 grazas a Francisco Giner dos Ríos, amigo de Emilia, do que se farán só 300 exemplares.
HTMLText_03F344D2_12C5_B53C_41A2_5E0C6C58F6A5_mobile.html =

HTMLText_03F69103_12CA_8F23_41AC_B603B36B71D9.html =
EMILIA PARDO BAZÁN
Casa Museo - Gabinete de traballo

Recréase aquí, a través de obxectos orixinais, o lugar de traballo da nosa autora. Nesta sala de emocións privadas penduran das paredes retratos familiares, entre os que destacan os da súa nai, pintados por Sorolla e Vaamonde. Expóñense, ademais, unha serie de cadros e fotografías dos escenarios onde viviu a familia, canda un auténtico álbum de personaxes vinculadas á vida da condesa.

As vitrinas gardan, entre outros obxectos, obras literarias que ela mesma consideraba relevantes e que enumerou nos seus “Apuntes autobiográficos”, prólogo á primeira edición de Os pazos de Ulloa. Así mesmo, expóñense outros documentos que foron seleccionados polo seu carácter íntimo para debuxar o perfil da escritora no terreo persoal.

Os obxectos orixinais que compoñen esta sala recrean o espazo máis íntimo e privado da autora, coma un niño de libros ateigado de emocións evocadoras do mundo da autora.

Nas súas cartas a Galdós a finais da década de 1880 escríbelle que o seu gran proxecto persoal é a independencia económica, para o cal sistematiza a súa forma de escritura, comprometéndose consigo mesma a escribir diariamente 15 cuartillas diarias “Eu adoito cobrar (ás revistas, non aos editores) 25 pesetas por cada 10 cuartillas, reservándome o dereito de reimprimir despois en libro”. É un dos motivos do seu extensísima produción. Ademais disto, continúa escribindo en prosa, tanto libros, como teatro, artigos, diarios de viaxe, fai traducións, investiga, nunca deixa de cultivarse.
Tratará de que se lla fotografe no seu despacho traballando, pois loita para mostrar á muller como capaz de exercer intelectualmente, pois tradicionalmente non era o seu rol afeito. “A educación da muller non pode chamarse tal educación, senón doma, pois se propón por fin a obediencia, a pasividade e a submisión”, Congreso pedagóxico, 1892.

As figuras femininas que se atopan nas súas estancias non son elixidas simplemente polo seu valor estético, senón especialmente pola fortaleza que se atopan nos seus textos.
HTMLText_03F69103_12CA_8F23_41AC_B603B36B71D9_mobile.html =

HTMLText_1C600CE3_12CA_951C_41A2_BB92623B0331.html =
EMILIA PARDO BAZÁN
Casa Museo

Os pais de dona Emilia, José Pardo Bazán y Mosquera e Amalia da Rúa Figueroa y Somoza adquiriron como residencia definitiva na cidade a casa número 11 da rúa Tabernas (por aquel entón, o número 5) edificio brasonado do século XVIII. Nesta casa pasou dona Emilia a súa infancia e a súa mocidade, envolta por unha atmosfera culta e liberal e descubrindo o mundo a través dos libros da biblioteca paterna. Unha vez casada con don José Quiroga y Pérez de Deza, continuou vivindo coa súa familia neste domicilio, que se constituiría como escenario fundamental na súa vida xa que nel se desenvolverían algúns dos actos literarios, sociais e familiares máis importantes para a familia.

Nesta casa terían lugar os famosos faladoiros literarios dos xoves, dona Emilia escribiría unha boa parte das súas novelas e tería a súa sede a dirección de La Revista de Galicia e a Sociedad do Folk-lore Gallego. Na rúa Tabernas, lugar de encontro destacado, tamén tiveron lugar grandes festas, entre elas a que se celebrou en 1886 con Salustiano Olózaga como invitado de excepción, a de 1883 na honra do poeta Zorrilla, a de setembro de 1885 con que se agasallou ao ilustre político Emilio Castelar ou a de 1903 coa que se obsequiou a Unamuno. Aquí, tamén naceron os seus tres fillos: Jaime en 1876, Blanca en 1879 e Carmen en 1881.

A Casa, doada pola filla da escritora, Blanca Quiroga, á Real Academia Galega, leva ao visitante ás estancias onde viviu a autora e onde se gardan recordos persoais de Pardo Bazán nunha labor de contextualización dunha intelectual que se converteu en protagonista, social e literaria, da época que lle tocou vivir.

Expóñense obxetos da vida persoal da escritora que dan a información necesaria para situar a familia Pardo Bazán no contexto histórico e social.

O museo recrea os territorios públicos e o universo íntimo da escritora cunhas salas de reconstrución histórica e unha acertada aposta museológica.
HTMLText_1C600CE3_12CA_951C_41A2_BB92623B0331_mobile.html =

## Media ### Título panorama_00AA1F83_0D8F_85F5_4194_F1F56316A175.label = Recibidor panorama_01C7B364_12DA_93E4_41AD_7FFAA0A3EDBB.label = Casa Museo panorama_06F0DD45_0D8F_857D_41A4_03D4A5DAB9E0.label = Salón panorama_06F31662_0D8F_8737_4196_C3C3DE8AD95B.label = Producción literaria panorama_06F338AC_0D8F_8B33_419C_E2BCFF57CDB0.label = Gabinete de traballo panorama_06F3DF86_0D8F_85FF_4196_2D898FD23794.label = Producción literaria panorama_06F3F1B1_0D8F_BD15_41A1_16B9E1783353.label = Gabinete de traballo ## Acción ### URL LinkBehaviour_012EB1FA_13F8_93EC_41A2_3475E3CB7633.source = http://www.casamuseoemiliapardobazan.gal/ LinkBehaviour_021A1588_0D84_85F2_41A9_44D7829CEEA2.source = http://www.casamuseoemiliapardobazan.gal/