1 de 6
2 de 6
3 de 6
4 de 6
5 de 6
6 de 6
Sobre a Biblioteca da Real Academia Galega
FONDOS
A colección da Biblioteca da Real Academia Galega arranca en decembro de 1905 con doazóns feitas por membros da institución ou tamén polos propios autores que foron remitindo as súas obras. Dada a súa rareza, é salientable a importante colección de folletos -monografías de menos de 50 páxinas- editada pola comunidade galega en América e mais polo tecido asociativo co que se contaba en Galicia a comezos do século XX. Xa en 1919, o Ministerio de Hacienda e a Real Academia de la Historia doaron parte da Biblioteca do Convento de Montefaro, conformada polos fondos que lle foran expropiados aos monxes na desamortización, constituíndo hoxe o fondo máis antigo da Biblioteca da RAG. No mesmo ano, o herdeiro de Xosé Fontenla Leal doou a biblioteca de seu pai, iniciador e membro de honra desta institución, ademais dun excepcional bibliófilo galego. Posteriormente, a Biblioteca continuou medrando coa incorporación de bibliotecas individuais como a de Pardo Bazán, Manuel Murguía, Marcial de Adalid, Galo Salinas ou o fondo Luís Seoane.
TEMÁTICA
SERVIZOS
HORARIO
Os servizos de biblioteca e arquivo atenderán o público nos meses de xullo e agosto de 2020 de luns a venres en horario de 9:00 a 14:15 horas. Os usuarios deberán solicitar unha cita previa ao servizo correspondente a través dos correos electrónicos arquivo@academia.gal e biblioteca@academia.gal ou do teléfono 981 20 73 08. O protocolo de actuación rexerase polo disposto nos BOE do 3 e 9 de maio de 2020 en que se regulan as condicións de apertura ao público de arquivos e bibliotecas.
Horario de atención ao público:
- Setembro a xuño
- De luns a xoves: 9:00 a 14:45 e de 16:30 a 19:45 horas.
- Os venres: 9:00 a 14:45.
- Xullo e agosto
- De luns a venres: 09:00 a 14:15 horas
- A RAG permanecerá pechada en horario de tarde os seguintes días:
24 de febreiro, 17 de marzo e 7 de decembro de 2020.
- A RAG permanecerá pechada os seguintes días:
1 de xaneiro, 6 de xaneiro, 25 de febreiro, 19 de marzo, 9 de abril, 10 de abril, 1 de maio, 24 de xuño, 7 de outubro, 12 de outubro e 8 de decembro e 25 de decembro.