Arquivo

Presentación

Os arquivos son os centros encargados de tratar, conservar e difundir o patrimonio documental.

Cada aspecto da existencia -sexa esta persoal ou institucional- deixa un rastro, e, se ese rastro se borra ou se perde, os actos quedarán só na lembranza, no recordo, ata a súa perda definitiva.

Os documentos permiten conservar e ter presentes os actos do pasado. Ao mesmo tempo que se producen quedan consolidados, o que permite demostrar que aquel acto sucedeu realmente. É o acto de documentar: demostrar algo a través de documentos ou probas. 

Os arquivos son, pois, os gardiáns da memoria, memoria que hai que transmitir do mellor xeito posible ás xeracións futuras.

O Arquivo da Real Academia Galega está constituído pola documentación xerada e recibida pola institución no exercicio das súas funcións e actividades, e conservada para a xestión, a información, a cultura e a investigación.

O Arquivo ofrece a consulta en liña de case a totalidade dos seus fondos, que están organizados en cinco grandes grupos: institucionais, persoais e familiares, de empresas, de asociacións e coleccións.

Galería

Catálogo en Galiciana

Consulte o noso catálogo na web de Galiciana

Cadro de Clasificación

Os fondos do Arquivo están estruturados en 5 agrupacións. Pode navegar por elas e ver os documentos dependentes.

Destacados

null Os Caneiros

Dende que se recorda en Betanzos celebrábase despois de San Roque -o patrón da vila- unha comida campestre no campo das Cascas que se chamaba romaría de San Roque pequeno, na que se aproveitaba para comer o que sobrara do día grande das festas. En 1866, con motivo da construción dunha nova estrada, a romaría trasladouse aos campos de Mempás ou dos Caneiros, que se atopan nun meandro situado uns tres quilómetros río arriba. 

O nome dos caneiros seguramente é tomado das presa nun río para conducir que se chaman así e posiblemente existisen no río preto dese campo. Para esta festa adórnanse as embarcacións con follas de palmeiras e flores e nas cubertas colócanse mesas e bancos que permitan xantar con comodidade.

O Arquivo da Real Academia Galega conserva unha das fotos históricas da popular celebración, tomada arredor do ano 1910. A imaxe pode descargarse en copia dixital no Arquivo Dixital de Galicia.

Imaxe da romaría dos Caneiros tomada cara a 1910. Fonte. Arquivo da Real Academia Galega

 

Servizos

Información

O acceso á documentación é libre, coas restricións que impón a lexislación vixente ou o estado de conservación. Para a consulta dos documentos é necesario que o peticionario se identifique con algún documento oficial de identidade (DNI ou pasaporte).

Consulta na sala

É necesario cumprimentar unha papeleta de pedimento e acatar as normas existentes para un correcto uso dos fondos.

Normas de uso (PDF)

Folla de pedimento (PDF)

Reprografía

As reproducións de fondos están limitadas polas características e estado de conservación dos mesmos así como pola lexislación sobre propiedade intelectual vixente.

Horarios

As persoas usuarias dos servizos de arquivo, biblioteca e hemeroteca deberán pedir cita previa a través dos seguintes medios:

Teléfono
981 20 73 08

Correos electrónicos

  • arquivo@academia.gal
  • biblioteca@academia.gal
  • hemeroteca@academia.gal

Horario de atención ao público

  • De luns a venres
    • de 9:00 a 14:45

Horario de verán

Meses de xullo e agosto

  • de luns a venres
    • de 9:00 a 14:15

Por causa das obras de rehabilitación da súa sede, os servizos da RAG prestaranse exclusivamente, salvo solicitudes especiais, de xeito non presencial, por vía telemática ou telefónica.

Días de peche 2023:

  • 6 de xaneiro
  • 21 de febreiro
  • 6 e 7 de abril
  • 1 de maio
  • 17 de maio
  • 24 de xuño
  • 25 de xullo
  • 15 de agosto
  • 12 de outubro
  • 1 de novembro
  • 6 de decembro
  • 8 de decembro
  • 25 de decembro