Traballos de investigación e estudio
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
determinar con seguridade se o OD con referente de persoa está marcado con a ou non; ora ben, tendo en conta que neste sintagma o Sux. é /animado/ e o OD /+humano/, en contra do habitual e nunha situación de hipérbato, que en si mesma non é propicia para que a posición ?normal? facilite a comprensión a pesar do cambio de roles, cremos que o máis probable é que tamén este OD estea marcado como 'non suxeito' ('algo espera a alguén', cun complemento de persoa frecuentemente pronominalizado con dativo), e aínda máis se temos en conta a propensión ao uso desta preposición sinalada nos exemplos precedentes. Resta aínda outro caso en que a homografía entre o artigo e a amálgama 'a + art.' impide saber cal é a forma sintáctica: ?para ajudar a apaciguar o estado? (v.59). O complemento de axente márcase adoito coa prep. por, mais tamén pode facelo coa prep. de, que na lingua actual se emprega en oracións de participio ou en estilos arcaizantes ou elevados. No noso poema dáse a proporción inversa: unicamente se usa por en ?por este cabaleyro ó çeo alçadas? (v.90), en tanto que de o fai nos casos restantes, ?do Reino de Aragón alborotado? (v.60), ?gornecida de balüartes fortes e seguros? (v.92), ?gobernada do máys cabal varón que cinge espada? (v.100). 4. Entre as conxuncións, destacan e, con forma única calquera que sexa o contexto, sen a alomorfía do sur e oriente de Galicia; a adversativa mays, resaltada pola ausencia de pero e variantes; as concesivas ben que e ora 'aínda que', que comparten espazo co cast. aunque; a locución consecutiva de maneira que. Canto ao uso, salienta o valor modal de como nas dúas ocorrencias no texto (?como vn rramo frorido?, v.48; ?como fillo agradecido?, v.105), en tanto que porque asume un valor causal equivalente a 'como' (?na ciudade, porque son muy galás e pezpuntados?, v.12; ?e porque achou a metade en el galega feço grande festa?, v.25); o uso de pois co significado de 'pois que, posto que' (?pois se che offrece vn milagroso caso?, v.5), ademais do habitual valor explicativo; finalmente, que é nos máis dos casos un nexo completivo, pero tamén se emprega como causal explicativo, como consecutivo e como comparativo (vid. glosario). 5. A única interxección usada é , grafada sen ningún sinal diacrítico, mais con na nosa edición para maior claridade: ?¿Non ves tua dita, oh ollo, e gran ventura? (v.86)23. 4.7. LÉXICO 1. As escollas léxicas do texto non destacan por un alto grao de enxebridade, que en todo caso non sería previsible nun poema de factura tan culta coma este. Non se busca o diferencialismo marcador dos sinais identificativos do galego fronte ao castelán, pero tampouco se refuga; cómpre sinalar, así a todo, que polo xeral se usan voces galegas ás que corresponde unha variante castelá doadamente identificable: gornecida (port.e esp. guarnecer), burel, árbores, compridas, escrarecido, mezquiña, limpa, pranta, fror,
275 Nº 362