Ó Apóstol Santiago, manuscrito e impreso en galego do século XIX.
Boletín nº 367 - (Suárez Vázquez, Damián.)

Imprimir


e das letras e acabou caendo poucas décadas despois de ser formulada aquela toma de posición de 1726, e con palabras como cathedral, cathólico e thesoro non vai máis alá da primeira edición do dicionario académico, por máis que algúns escritores seguisen a utilizalos en tempos moi posteriores, incluso no século XX (cf. CORDE). Neste aspecto, coma noutros, a RAE non cesou de ir soltando lastre etimoloxizante desde a súa primeira proposta de 1726 ata a publicación da súa ortografía de 1815, que está xa moi próxima da actualmente en vigor para o castelán22 (cf. Lapesa 1981: 421424). No galego escrito d'Ó Apóstol Santiago vense algúns usos, non sistemáticos, de , e que, sen seren determinantes, polo menos semellan máis propios dos inicios do século XIX ca da década de 1870. Escríbese Iesuchristo (1.1, 2.2) (ou Iesucrhisto, 1.1., 1.2, con transposición de letras talvez debida aos impresores), pero tamén Cristiandade (3.1) e constantemente cristiano(s) e cristiana(s). Igualmente, escríbense Cathedral (2.2) e Catedral (3.2), thesouro (3.2) e tesouro (2.2, 3.1) e, sempre con , catolicos (3.2) e Católicos (3.2). O gusto por estes dígrafos tamén se pon de manifesto co topónimo oriental Iapha (1.2). Dá a impresión de que se trata de usos gráficos propios dun eclesiástico bastante apegado ás vellas prácticas etimoloxizantes e respectuoso coas formas que estaría habituado a ler nos textos a través dos cales se transmitira a tradición xacobea. 5.2. NIVEL FÓNICO 5.2.1. Fenómenos de alteración, subtracción e aumento de vogais e semiconsoantes Cremos que o autor da peza que estamos a analizar se mostra nela pouco inclinado a facer concesións aos modos propios da lingua popular. Así, ao contrario do que adoita acontecer tanto nos textos de principios do século XIX coma nos do Rexurdimento, vemos no galego d'Ó Apóstol Santiago unha moi comedida explotación estilística dos fenómenos de alteración, subtracción e aumento de vogais e semiconsoantes. Podemos mencionar unha posible disimilación en isquerda (4.1) ?quizais inducida polo castelán izquierda?, síncopes en dreita (4.1) e na preposición pra ?que se emprega sen competencia de para?, supresión da semiconsoante palatal coa conseguinte simplificación da coda silábica en mas 'máis' (3.1: ?hasta os réis mas grandes?) ?aínda que o normal é neste sermón máis ou mais, así como tamén demáis e ademáis?, unha prótese en arroubaban (4.1) e unha epéntese de iode en caieu (3.1). Digno de atención nos parece tamén o xerundio borbollando 'burbullando' (4.2), con apertura /u/ > /o/ nas posicións pretónicas inicial e interior. Mais errariamos se afirmásemos que isto é o habitual na peza ou o característico dela, como amosan solucións tales como disenteria (3.1), divino (3.1), enteira (4.2), figura (2.2), historia (4.2), historias (4.1), monumento (2.2), Santísimo (1.1), 259 Nº 367

folla de libro