BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Traballos de investigación e estudio
qu'entre as noue doncelas de Parnaso / serás dend'oje conocida?, como esixiría a outra construción, hoxe mellor considerada). Para a cronoloxía gramatical galega é interesante sinalar que en ?tantos escudos, armas e paueses / en qu'están esculpidas e estampadas...? (v.45) se emprega o rel. que e non o relativo composto os que. En ?honrrade a patria donde aués naçido? (v.106) interpretamos que emprega a forma simple do relativo, cun d de influencia castelá que acadou grande extensión, e non a forma contracta 'de + onde', a pesar de que esta tamén podería ter sentido no contexto ('a patria de onde nacestes, de onde procededes'). 2. Entre os adverbios, salientamos en primeiro lugar a existencia de dúas variantes complementarias para o adverbio de negación, a plena non en contexto anteconsonántico (non digo, non che falta, non ves) e a reducida no en contexto antevocálico (noescuiten, noestés, noá), coa particularidade xa comentada de que as secuencias vocálicas resultantes se miden como unha soa sílaba. Formalmente, son destacables as locucións por dïante, en fin, a geito, ó igual e ó lado; por presentaren a variante dialectal máis estendida, os adverbios así, despoys e oje; e por ser testemuño culto antigo dunha variante que hoxe vai sendo preterida por coloquial, ora 'agora'. Pola gramática e significado, destacan despoys, por dïante e ó lado modificados por cadanseu complemento con de (?despoys da tempestad?, ?por dïante (...) de moitos?, ?do general ó lado?); o uso de ben como cuantificador (?ben cedo?); o conector concesivo con todo; e, finalmente, o uso de logo 'axiña' (?foi logo o furor deles apagado?, v.66) e máys 'xa, nunca máis', pois entendemos que ?noestés máys congojosa? (v.83) debe interpretarse como 'non sigas estando c., non volvas estar c.'. 3. As preposicións empregadas son as máis frecuentes e nas variantes habituais (a, de, con, para, en...), coas formas contractas comentadas no lugar correspondente ao segundo elemento. Pola forma destacan unicamente sen, fronte á variante sin que se xeneralizaría; entre no canto da antiga ontre propia do bloque occidental; a diferencial dende fronte ao sinónimo desde, forma esta coincidente coa do castelán; o case seguro cast. hasta en lugar dalgunha das formas máis xenuínas; e junto de e a pesar de como únicas locucións prepositivas. Desde o punto de vista da gramática salientan os usos de a co CD e de de co complemento de axente, comentados a seguir; engádase o uso de de como causal (?que che terrán denteira... de verte gobernada?, v.99) e na construción dicir de (§ 4.5,7). Atopamos dous casos en que o OD, sendo un nome propio /humano/ está marcado con prep. a, un trazo que semella pouco verosímil no galego da época; a paseniña instalación desta preposición con esta función vai en portugués e en galego moi por detrás do que vai en español, e nin sequera na lingua actual serían totalmente aceptables ?que cengen a Mandeu con suas ribeiras? (v.18), ?certo é que é pouco gobernar a Frandes? (v.104), sen mediar personificación. En ?as altas profecías / que esperan de Sebilla ó varón santo? (v.24), a falta de diacrítico ou outra marca explícita impídenos
Nº 364 274