Traballos de investigación e estudio
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
5. EDICIÓN DO TEXTO CANCIÓN GALEGA EN LOOR DE DON DIEGO DAS MARIÑAS PARRAGUÉS
<168r> Ora sea nalgún tempo alça musa galega o rostro ó ceo con gozo e passatempo e deyja ese burel cuitado e feo, pois se che offrece vn milagroso caso qu'entre as noue doncelas de Parnaso serás por el dend'oje conocida con nome eterno e vida, e en pago de tal noua e tas albrizas recebe do teu verso estas primizas. E ben que na ciudade, porque son muy galás e pezpuntados, noescuiten de vontade estes groseiros versos mal limados, con todo, musa miña, a uoz leuanta e con zanfoña e rústica garganta faiz que entre estas silueiras, que cengen a Mandeu con suas ribeiras, resonen froitas, árbores e viñas o sangre escrarecido das Mariñas. Cantou noá moitos días outro galego con moy doce canto as altas profecías que esperan de Sebilla ó varón santo, e porque achou a metade en el galega feço del grande festa e grande emprega, mays, ¿a quen pode vir, mirado a geito, con máys justo dereito a galega cançión que a uós, Dïego, pois por todas as partes sos galego? Da uosa antigua liña, non digo eu de Galicia nesta parte, que por sorte mezquiña está tan mal tratada e de tal arte; mays en os anchos Reinos de Castilla fan dela tanta conta e marauilla que por muy escollidos e de tan limpa sangre producidos entre os máis istimados cabaleiros os da uosa linage son primeiros. Das muy altas proezas dos infançós antigos Parragueses dan seguras certeças tantos escudos, armas e paueses en qu'están esculpidas e estampadas as insinias de Parga, tan honrradas. E vós que de tal pranta aués saydo, como vn rramo frorido, despoys da tempestad de tanta guerra tragees nouas de paz á uosa terra. En vós está en tal punto a honrra posta da cabalería... con mil virtudes junto de gracias, gentileza e valentía,
55 que postas a Phelipe por dïante
5
60
[<171r>]
10
65
15
70
<168v>
<...169v>
20
75
<170r>
80
25
30
85
<169r> 35
90
40
<170r> 95
45
100
105
50
<169v>
110
vos escolleu de moitos por vastante en prudencia e cordura, que tan compridas poso en vós natura, para ajudar a apaciguar o estado, do Reino de Aragón alborotado. E foi cousa mui certa que por voso valor, auiso e arte, estando ja desperta a furia entr'eles do sangrento Marte, andando vós do general ó lado foi logo o furor deles apagado, e así con gran justiçia para os altos misterios da milicia, por fïel conselleiro do de Bargas, o Rey vos escolleu da fror dos Pargas. En fin, esa bondade que corre sempre ó igual coa bosa casta fará, a pesar da edade que as cousas máis subidas roe e gasta, que o voso nome para sempre viua e entretallado en mármores se escriba con letra e versos d'ouro, de maneira que hasta a edad postreira, de siglo en siglo, por millós de anos, dure a vosa memoria entre os humanos. Cruña, que lastimosa choras os danos dos crüés yreges, noestés máis congojosa, pois non che falta cousa que deseges para estar pola terra e mar segura. ¿Non ves tua dita, oh ollo, e gran ventura? Ora verás ben cedo, sen ter rezeo algún de guerra ou medo, as túas altas torres derrubadas por este cabaleiro ó ceo alçadas. Farate gornecida de balüartes fortes e seguros, tan fresca e tan polida, con edificios de soberbios muros, que por eles en breue tempo olbides a torre que algús din que feço Alcides, e bondad'acharás nel tan enteira que che terrán denteira moytos reinos de verte gobernada do máys cabal varón que cinge espada. Honrrado cabaleiro, aunque tiren por vós cousas máis grandes, que a ualor tan enteiro certo é que é pouco gobernar a Frandes, con todo, como fillo agradecido, honrrade a patria donde aués naçido, facé coesa presencia que a guerra faga dela sempre ausençia. Así vos logrés ben coa vosa esposa, honrrada, principal e tan fermosa.
277
Nº 362