Traballos de investigación e estudio
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
a falta de flexión no infinitivo impide determinar con certeza se o significado é 'de vérente' ou 'de véreste'. Ora ben, noutros casos o infinitivo ocorre en contextos con marcas persoais abondas, polo que pode ser conveniente evitar a flexión: en ?non che falta cousa que deseges para estar pola terra e mar segura? (v.85) e ?Ora verás ben cedo, sen ter rezeo algún de guerra ou medo?, o suxeito do infinitivo coincide co do verbo modotemporal que o antecede. Finalmente, en ?que a ualor tan enteiro certo é que é pouco gobernar a Frandes? cremos que o sentido recto é co Inf. en P3 e non en P2, tomando o feito de gobernar a Flandres xenericamente como paradigma da excelencia no destino, sen particularizalo por medio da súa relación co alocutario (?gobernardes a F.?). 6. Dúas das tres ocorrencias do verbo AUER atópanse no complexo haber + participio (verbos intransitivos), non tanto como testemuños serodios da existencia no noso sistema dunha perífrase perfectiva que non se consolidou no tránsito ao galego moderno (cfr. port. haver + part.), senón como interferencia dos tempos compostos característicos do sistema verbal castelán: ?E vós que de tal pranta aués saydo? (v.47), ?a patria donde aués naçido? (v.106). A perífrase pasiva ocorre nunha soa ocasión, cos dous membros distanciados pola interpolación dun adverbio de tempo e o suxeito: ?foi logo o furor deles apagado? (v.66). 7. Entre as construcións verbais salientamos as dos verbos resonar, vir (a), lograrse (con) e dicir (de). Mantemos a lectura literal dos versos en que ocorre o primeiro (?resonen froitas, árbores e viñas o sangre escrarecido das Mariñas?, v.19), testemuñando a posibilidade dunha construción transitiva, máis elevada e menos habitual cá intransitiva, que nos obrigaría a ler ?reson'en froitas, árbores e viñas o sangre...?22. O verbo vir ocorre na construción |algo vén [con dereito] a alguén 'acaer, corresponder', coma nas | habituais hoxe |algo vén [ben, mal...] a alguén ?¿a quen pode uir (...) con máys justo |: dereito a galega cançión que a uós, Diego?? (v.27). O verbo lograr, en construción pronominal e complementado por con+FN, concrétase como 'conseguir descendencia' no contexto eufemístico de ?Así vos logrés ben coa vosa esposa? (v.109). Finalmente, un dos rexistros de dicir ocorre cun complemento preposicional con de, como 'falar de': ?Da uosa antigua liña, non digo eu de Galicia nesta parte? (v.32). 4.6. OUTRAS CLASES DE PALABRAS 1. O relativo usado con maior frecuencia é que, pero ocorren tamén quen e donde. En ?vn milagroso caso qu'entre as noue doncelas de Parnaso serás por el dend'oje conocida? (v.6) testemúñase unha construción frecuente hoxe na lingua coloquial: o rel. que sitúase como nexo no inicio, non totalmente desprovisto de capacidade pronominal (?un milagroso caso que...?), mais sen as marcas da función sintáctica que debe cumprir dentro da súa oración e que porta unha frase con núcleo pronominal que cómpre inserir no lugar correspondente, ?que... serás por el...? (en lugar de ?vn milagroso caso / polo
273 Nº 364