BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Traballos de investigación e estudio
P1 do Ind. Pto. Part. posta(s). Non hai datos concluíntes sobre o modelo conxugacional, polo que se pode adscribir a POÑER ou a PÓR. ? SAYR. Part. saydo. ? SER. No Ind. Pres. é, sos, son (P6), entre as que salienta a amálgama da P5, sen o morfo pleno e sen a nasal que caracterizan as variantes diatópicas conservadas (sodes, sois, sondes...; ALGa: I 356). No Ind. Pto., P3 foi, xa coa forma moderna tras unha longa etapa de vacilación entre fui ~ foi. Ind. Fut. serás. Subx. Pte. sea, unha variante presente na lingua escrita desde as orixes, ben que minoritaria, que se xeneralizou en galego moderno (fronte á mindoniense seña e á normativa sexa, ALGa: I 366), cun final inserto por reparación dun erro material, que A non inclúe. ? TER. No Ind. Fut. terrán, cunha grafía que representa a forma orixinaria (n'r > rr), que conforme outros testemuños galegos dos séc. XV e XVI pervive en Galicia ata época serodia (Maia 1986: 841); esta circunstancia fainos descartar que se trate dunha variante gráfica por terán, a forma analóxica construída a partir do infinitivo que remataría impóndose. Inf., ter. ? TRAGER. Ind. Pte. tragees. A forma galegoportuguesa normal era trager, cunha grafía que na altura tanto podía reproducir un radical con consoante palatal coma un radical con consoante oclusiva (coma en trago, traga), ambos con similar grao de dificultade evolutiva a partir de TRAHERE. A variante con ? oclusiva está avalada pola existencia hoxe dialectal de traguer, coma faguer, e mais pola evolución tipicamente galega de verbos como tanguer, abranguer, cinguir, tinguir, munguir e xunguir (port. tanger, abranger, cingir, tingir, mungir, jungir); a variante con fricativa palatal ten na súa contra, ademais, o feito de non deixar pegadas en ningunha variedade dialectal galega (ALGa: I 394), en tanto que en portugués si o fixo /g/ en textos serodios marcados como ?rústicos? e en variedades diatópicas de rexións especialmente conservadoras (Maia 1986: 844). Por iso cremos moi probable que a grafía do texto represente unha forma tragués; en calquera caso, avala a extensión territorial de variantes con en 1600, pois aínda non foran suplantadas pola emerxente traer. ? VER. Ind. Pte. ves. Ind. Fut. verás. Inf. ver. 5. O autor non emprega en ningunha ocasión o infinitivo flexionado, o que pode ser interpretado como síntoma dunha sintaxe pouco enxebre ou pouco esmerada, e de feito ocasiona algún problema textual. Así, en ?para ajudar a apaciguar o estado? (v.59), a interpretación máis plausible, co destinatario da laudatio como suxeito ('axudardes a pacificar'), comparte espazo con outras opcións máis remotas pero posibles gramaticalmente (p. ex., 'axudar [P3] a pacificardes'); e en ?que che terrán denteira moytos reinos de verte gobernada do máys cabal varón que cinge espada? (v.99),
Nº 364 272