Anterior Anterior Follatos
¡Que medo! (páxina 41)
Seguinte Seguinte
m5fdatomuruaisfollatos041.html


[p. 151]


          ¡QUE MEDO!

     ¡Meu hirmanciño, que medo!
¿Tí non ôs? ¡oubea o can!
Seica persint' un defunto,
que non fai mais qu' oubear.

     A curuxa fai un pouco
que faguía xií, xií, xií,
e seica tamén ten medo
qu' está tremando o candil.

     Escoita: n-as regandixas
fai o vento ¡huhú! ¡huhuú!
¡y-a nosa nai nunca chega...
e vaise apagar a luz!


[p. 152]

     Recemos, meu hirmanciño,
e vamol-a arresponsar,
pra que faga San Antonio
veña logo a nosa nai.

     Xa sinto n-a corredoira
as zoquiñas: cró, cró, cró...
xa ven a nai ¡qu' alegría!
¡hirmanciño, oiunos Dios!



Anterior Anterior Seguinte Seguinte