m5fdatomuruaisfollatos031.html
[p. 119]
Á MARÍA SANTÍSIMA
n-a
sua asunceon
Branca pombiña que rubes
de paz doce mensaxeira
cruzand' esa azul esfeira
pra chegar hastra teu Dios,
non nos deixes n-o val triste
qu' é todo prant' e negrura
dóyate a nosa amargura,
¡ouh nai! ¡lévanos en pos!
Pura alegría d' os ceos
que xa d' a terra t' aleixas,
ten piedá d' as nosas queixas
¡ouh Santa nai d' o meu Dios!
O mund' é triste e sumbrío
d' o ceo sin-a luz pura,
dóyate a nosa amargura
¡ouh nai! ¡lévanos en pos!
[p. 120]
De Dios pai filla querida,
de Dios fillo nai amada,
doce esposa imaculada
c' o Santo Esprito de Dios,
linda aurora qu' alomeas
o mundo co' a tua hermosura,
dóyate a nosa amargura
¡ouh nai! ¡lévanos en pos!
E cand' a morte nos chame
c' a sua voz aterradora,
se tí a nosa proteutora
n-o santo xuicio de Dios.
Fai qu' ô teu lado gocemos
groria enfinita e ventura,
dóyate a nosa amargura
¡ouh nai! ¡lévanos en pos!
|
|
|