m5fdatomuruaisfollatos014.html
[p. 51]
NON SOSPIRES
Xilgariño qu' enxaulado
namorado
te sintes d' a libertá,
non sospires, ten pacencia
qu' a
nocencia
o teu consolo será.
Non sospires, xilgariño,
pol-o
niño,
qu' era doce habitaceon;
qu' o que non está culpado
sen
coidado
poide durmir n-a priseon.
[p. 52]
¡Ay! triste d' o qu' antre ferros,
os
seus erros
de cote chorand' está,
qu' o torcedor infinito
d' o
delito,
o peito lle queimará.
|
|
|