PRIMEIRA PARTE EPÍTOME CÁNTIGAS DÁ ULLA
[p. 29]
PRIMEIRA PARTE
EPÍTOME
CÁNTIGAS DÁ ULLA
|
I
Mandaronm'a coller rosas
n'a beira d'o rio Ulla
e, tan bonita-l-as vin,
que collera unha por unha.
Mercedes doum'unha dália,
Esperanza unha camelia,
Eusebia doum'un xasmin;
gardarei a flor d'Eusebia.
Eu non sei que tes n'os ollos
que, se me miras, ti matas;
mátasme, se pra min rís;
mátasme, cando me falas.
Deseára de te ver
trinta dias cada més;
cada semana, seu día,
e cada día, unha ves.
¡Ay! qué sempre que te vexo
o corazón se m'arraya!
O día que non te falo
todo é tristura nä alma.
[p. 32]
II
N'ä alma se me clavan
a raís d'o teu querer:
Mentras n'o mundo vivire,
outr'amor non hei de ter.
Meu amor, meu amoríño,
¿ond'estás, que non te vexo...?
Mórrome de süidades
e día e noit'en ti penso...
Süidades dánm'os campos,
as viñas, xá vindimadas,
e os paxariños cantando
n'as tardes e madrugadas.
Coidarán que, porque canto,
en min alegría hai...;
pra min a alegría foise
e chora o meu aiaiai.
Con él eu sono de noite:
era él solo o meu placer
e louca me volverei,
se süa non podo ser.
De ti lonxe non mais, non;
xunt'a ti, xunto-l-os dous,
ond'entrambos nos criamos
e noso amor comezou.
Amantiño, corre, corre;
meus brazos aqui t'agardan
e hasta ti os estendera,
se soupera qué chegaban.
¡Ay! ¡Quén ch'anduriña fora,
anduriña d'a outra banda,
que ó meu amor un suspiro
un piquiño lle levára... ! ! !
[p. 33]
III
Pasei po-la tua porta
e, erguendo os ollos, te vin;
non te puden decir nada;
non sei como non morrín.
Anque paso e non te falo,
non te deixo de querer:
fágo-o d'intento, meu ben,
por non o dar a entender.
A raya d'o sol, meniña,
n'a tüa cama vai dar.
iQué moito, pois que t'eu busque,
cando t'o sol vai buscar!
Dime, dime d'unha vés
que me quede ou que me vaya,
pois non quero estar á porta
como cantariño d'auga.
Moito me gustas en todo,
moito me gustas, meniña:
¡Malhouja o meu pouco ter,
que, senon, ti foras miña!
Por ben e ben que te queira
a madre que te pareu;
por ben e ben que te queira,
moito mais te quero eu.
Se lonxe de min te vás,
prendiña, ¿qu'hei de facer?
Por todas partes chorar,
coidando xá non te ver.
¡Canta rula, canta rula,
alá se doi n'aquel souto... !
¡Coitadiño d'o qu'espera
po-lo qu'está n'a man d'outro!
[p. 34]
IV
S'è que vou a Pontevedra,
non è por ve-l-os soldados;
qu'è por
ve-l-a Pelegrina
c-os seus pendentes dourados.
lAy de min que, sin ser tüa,
xá me queres reprender... !
¡Qué
farías, së o fora
e estouvése en teu poder... !
Un anillo me dou Xan;
outro anillo me dou Pedro.
¿Com'eu hei de
traballar
con dous anillos n'un dedo?
Se deixo por Pedro a Xan,
non me rifés, miña nai.
Pedriño ten certo
aquel
que moita gracia me fai.
Se veñes aqui por verme,
queridiño, Dios ch'o pague;
se veñes por
outras cousas,
rasgas zapatos en balde.
Eu querer, quérote ben;
oculta-l-o n'è razon
e, asegun que te portáres,
tera-l-o meu galardon.
Unha palabra che dei
xunt'a fontiña d'o cura
e teñoch'a de
cumplir,
ou n'o céo n'haber lüa.
Se caís, outras caíron;
a ti nada che roubei;
nin ch'importa que caíse,
s'a bó arbol m'agarrei
[p. 35]
V
Non quero muller casada;
non quero muller viüda;
quero muller solteiriña
e sin aquela ningunha.
O caldeiro n'a molida
pousadiño non s'estraga.
Solteiriña, se tés
nai,
qu'ände sempr'en tua compaña.
Entr'as piñas d'un piñeiro
vin un niño estoutro día.
¡Quén me
dera ver se dentro
xá paxariños había!
Abotona esa camisa;
tápat'o seo Xacoba;
non coiden os que te vexan
que ves a San Xuan da Coba.
¿Quén che dixo, quén che dixo,
qu'eu lavaba n'o regueiro?
Conocinte n'o cantar;
seguínte po-lo carreiro.
Adios, miña queridiña;
eu de ti non me despido;
lévote n'o corazon
coma se foras comigo.
O amor, para ser firme,
háse de ver cada día:
non vin o meu hai un ano,
¿como hei de ter alegría?
[p. 36]
VI
Unha rosa non-a queiras;
unha rosa non è nada;
irémos po-las
roseiras;
collerás unha incanada.
Ténte, silva, non me prendas,
que n'estou n'a mina terra.
Nunca
silva me prendeu
que non me vengase d'ela.
Non te cases n'a Coruña,
nin tampouco n'o Ferrol;
mira que ch'han de poñer
as cornas d'o caracol.
Se soupera que ti dabas
un suspiro por me ver,
tamen palabra ch'eu
dera
d´outros amores non ter.
O camiño que ch'eu teño
no è para ter outro:
Toda-las horas te
vexo;
todas me parecen pouco.
Tres cousas pedin a Dios;
ningunha me quixo dar;
hermosura, bó
cabélo
e gracia para cantar.
Cando canto, canto rábias;
quen m'as oi, ben m'as entende;
doume Dios a habilidá
de comprar a quen
me vende.
Fun á horta coller berzas;
collin blancas e amarélas.
Se ti me
queres de risa,
eu olvídote de veras.
[p. 37]
VII
Eu non sei qu'aqui me pica,
cando aqui non vexo toxos;
pícam'aquela meniña,
blanca e rubia, c-os seus ollos.
Nena, qu'estás n'a ventana
co-as puntas d'o pano fora,
non me namoro
d'o pano,
que me namoro d'a dona.
Nosa Señora d'Abádes
¿qu'ha de dar ò seus romeiros?
Auguiña d'a süa fonte,
sombra d'os
seus castiñeiros.
Dáme viño, dáme viño;
auga non ch'a podo ver;
sonche d'esta
condición
e con ela hei de morrer.
¿Que ten aquela meniña
qu'hoxe pálida suspira?
Pregúntallo tí a
ela;
mais poda que non ch'o diga.
O zapato, cando è vello,
tiran con él sú a cama.
Contigo así fan, meniña,
desque te tèn engañada.
Casadiño, casa quere;
ò solteiro non lla dan;
o qu'ha de ser casadiño
ha de facer po-lo pan.
Dínme que non teño rentas
para mante-l-a muller;
teño fariña n'a
artesa;
amásea, se quèr comer.
[p. 38]
VIII
Moito te precias, guapiño,
d'esa tüa bonitura;
hach'a de come-l-a
terra
debaixo d'a sepultura.
Tarde vés e non m'espanta
que x'adoitas de tardar.
Auga de moitos
regueiros
è mala d'arrecadar.
Hai unha herba n'os prados
que lle chaman vïoleta.
Os mozos todos
d'ahora
o que buscan è lambéta.
C-o cariño non hai chanzas,
porqu'o cariño è ladron:
entroum'un
día n'a casa;
rouboum'o meu corazon.
¡Canto miras para min!
¡Canto me chosca-l-o ollo!
Teño moito que
facer;
non podo atender a todo.
Olvidácheme por pobre;
eu a ti por vagabundo.
O día que ti naciche
naceu a peste n'o mundo.
Verde caravél n'a horta,
botas por riba d'o muro;
asi dorme
descansado
quen seu amor ten seguro.
A despedida che dou
con rosas e caraveles;
pois, segun vou entendendo,
a despedida ti queres.
[p. 39]
IX
Adios non, ti non m'o digas,
qu'èche palabra moi triste
o entre dous que se ben queren
costa caro despedirse.
Teño un pesar coma un puño;
xá ch'o direi outro día;
cada un que
non te vexo
morro de melancolía.
N'a Misa estando un domingo,
miráche pra min e ríche.
Así a Dios
ti parezas
o qu'a min me pareciche.
Debaixo d'a tua ventana
hai un talliño de vidro,
onde se sentan os
guapos
que van a falar contigo.
A mazan que ti me deche
non a comin nin a dei;
tráio-a n'a faltriqueiriña,
por che non perde-l-a lei.
Miña nai, casade as fillas,
mentras tèn bó parecer,
pois non son herbas d'o prado
que volvan a enverdecer.
Xuaniña doum'unha rosa
o un caravel eu Ile dei.
Aquela rosa espiñóume
o caravel llo quitei.
Ben pudera n'un antoxo
d'o teu donaire gozar;
pero vexo qu'hai
inferno;
non me quero condenar.
[p. 40]
X
Cinco xustilliños teño
de diferente color
o cinco amores tamen
para escolle-l-o millor.
Teño un amor que me cela,
outro que me dá diñeiro,
outro que me desengaña
e, entr'eles è o verdadeiro.
Deixácheme, por ser fea,
o tra-l-a guapa te fuche;
non che me pesa; mais sabe
que n'hai rosa que non muche.
A raís do toxo verde
é moi dura d'arrigar.
Os amores xá de tempo
mal se poden olvidar.
Os amores d'outros anos
olvidáronme ben cedo;
estes que tomei ahora
para sempre me prenderon.
Para todo-l-o soy raya
e para min xá rayou...
Nécia desventuradiña,
¡canto m'o sol engañou...
!
Eu caseime c'un velliño,
por decir que tiña home.
¡Válgate xunca-l-o
vello
que siquera à cama sòbe!
Fóra casei, adios pòrta,
portiña d'o meu quinteiro,
auga d'o meu salidiño,
sombra d'o meu laranxeiro.
[p. 41]
XI
Puxenm'a xoga-l-os naipes
c'unha señora d'a vila;
puxenm'a xoga-l-os
naipes,
puxenm'a perde-l-a vida.
Amar a moitos a un tempo
è mala lei, è mal trato.
A nena que ten
amores
sabe ond'apreta o zapato.
A túa porta, meniña,
düas horas hai que chamo.
Non naciche para amores
que te-l-o sono pesado
María, din que te chamas,
o apellido non o sei;
vou mañan à tüa
casa
ali ch'o preguntarei.
Meus ollos choran por verte;
meu corazon, por amarte;
meus pès por
chegar a ti;
meus brazos, por abrazarte.
Debaixo d'a tua ventana
sepultura debe haber
para enterrar-l-os
deseos
que me pican de te ver.
Dixéchem'onte que hoxe,
hoxe dices que mañan,
mañan dirásme tamen
que ganas xá non che dan.
Eu ben sei a quen dixéche
que non me podias ver.
Quen m'o dixo non ch'o digo,
pro'stimo o dito saber.
[p. 42]
XII
Ofrecinm'a pan e auga
a San Andrés de Teixido.
Quixera, bendito santo,
me dèses logo marido.
N'a fonte d'a Esclavitú
lavei as mans e a cara
o desqu'ali as lavei
xá me figuro mais guapa.
Chamoum'un mozo bonita.
¡Nunca por Dios m'o chamara!
j Que dend'estonces sosego
non vexo n'a miña alma.
S'o querer costára cartos,
o querer moitos mercáran;
pero como non os costa,
cada un anda ò que
anda.
Escoitando cal ruxía
auguiña de certa fonte,
deixei n'ela moitas
bágoas,
pensando n'a miña sorte.
Cantà, cantà, paxariños,
qu'eu tamen moito cantei;
vos ainda
comezades;
eu de cantar x'acabei.
Sola fun nontront'ò bosque
e estar alí non podía.
iQué será que sua espesura
dam'hoxe melancolía!
Teño un pesar que me mata,
que non me deixa comer.
O meu amor vai
n'a Habana.
i Quezais non o volva a ver!
[p. 43]
XIII
Puxenm'a pescar escalos
mentra-l-os mais traballaban;
os mais dempois
ben comían;
eu para ëles miraba.
Fun ò Riveiro por viño
e emborrachoum'unha nena.
Non quero mais d'o Riveiro,
qu'inda me doi a
cabeza.
Non digas qu'ò rio fuche,
s'as pernas non te lavache;
non digas que
Misa oíche,
se solo n'a ilesia entráche.
Dís que teño moitas conchas,
cando non son pelegrino.
Eu digo «Se foras outra,
xogára menos contigo».
Coidaba qu'eras discreta,
cand'oín teu falarico:
aquel falar engañóume.
Non quero moza de pico.
Catúxa vai n'o mercado
con zréixas para vender.
Palique n'ha de
faltar;
èla paliqu'ha de ter.
Non quero nada d'as vilas,
nin quero d'o meu lugar;
quero unha nena
garrida
que conocín xunt'ò mar.
[p. 44]
XIV
A fonte d'o Pico-Sagro
gardan düas sobreiriñas.
Bénia a quen alí
as puxo
ò pè d'aquelas auguiñas.
Non digas que vai dereito
o clavo que torto entróu;
non digas è carpinteiro
quen nunca táboa labróu.
Non bótes leña n'o forno,
s'è que xá quente estivere.
Non rifes,
muller c'o home,
cando por algo s'altere.
Teño un amante soldado,
outro que foi mariñeiro,
este d'a reuma
baldado
e sin brazo-l-o primeiro.
¿Qu'importa qu'o muiño ande,
se grans non vexo n'a invéga?
Afíreo, Manuel, afíreo,
qu'a capa roe n'a pedra.
Luquiñas, non teñas celos
porque me vexas bailar,
que bailo por
afición,
non bailo por agradar.
Se queres que corresponda
a muller ò teu cariño.
non poñas amor por diante,
empeza por ser amigo.
D'a viga d'o meu sobrado
è señora unha anduriña;
de noite dorme
n'o niño;
espértam'ò abri-l-o día
[p. 45]
XV
Parecem'un peladillo
qu'a madurar vai n'o arbre.
Deran alguns non sei canto
por cal t'eu falo,
falarte.
Eu onte ben te quería;
de min non fixeche caso;
tí hoxe por outro morres;
el ríse e pasa de
largo.
Cheguéi à viña por uvas
e con follas topéi solo.
Dixech'onte«Serei tüa»
e hoxe dís «Non m'acordo».
O meu carro pide un eixo;
eu non sei de que botarllo.
Bótallo de
sabugueiro;
cantaráche bèn o carro.
Non quero fozar n'a terra;
de bróa estou xá ben farto;
quero a Cáis ir ou à Habana,
por ver se
xunto algun carto.
Anqu'è bóa terra ä Ulla,
n'ä Ulla pouco se gana.
Vóucheme, Rosiña, vóucheme,
a probar sorte
n'a Habana.
Adios, fanchoeira Sabela;
adios miña Sabeliña;
gárdete Dios e
defenda;
gárdet'a Virxen d'a Guía.
[p. 46]
XVI
Caitaniño ten amores
n'a vila de Pontevedra,
Baltasar ten-os n'a Cruña,
eu téño-os n'a miña terra.
A quen quero non ch'o digo,
que fora moito decir.
Anda con tino
ch'encargo,
que sei que t'han de seguir.
Non penses porque t'escoito,
que xá de ti me namoro:
as mozas sempr'escoitämos,
con bóa cara e bó modo.
Favores que me fixeche
n'a cara me vas botando;
favores non dan amores,
libre quedo en ch´os pagando.
Non quero que me confeses,
nin confesarte pretendo;
quero que de min
t'apartes,
pois è o honor canto teño.
Non m'abrouxe-l-os oidos
c'a tua charla impertinente,
qu'estan à
porta mociños
de mais sustancia e caletre.
Non m'amornes nin me quentes,
que non ch'estóu para leros.
Déixame
que xá me rallan
os teus chistes e saleros.
Non coides qu'eres agudo
porque seas malicioso.
Malicia ten-a hast'os
burros,
A agudeza no è pra todos.
[p. 47]
Mais quero ser solteiriña
que muller d'home baldío.
Mais quero un pobre con honra,
que sin honra un home rico.
Non quero contos de nadie,
qu'o Crègo me reñiría
e d'outras o que
me dís,
outro de min contaría.
N'o camiño de Santiago
catro mozos m'aguardaban
e, soliña c-o meu
mozo,
eu n'a vila me paseaba.
Xeróme, dam'un limón
e douch'en cambio unha lima.
Eu, nena, limons non teño;
teño
laranxas d'a China.
Deiteim'a dormi-l-a siesta
debaixo d'unha pereira;
mordeum'alí unha
néspora;
hinchóume toda a faceira.
Xorxiño doum'un consello,
non sei se m' engañaría.
Os homes son moi truhans...
Prò con Xorxe eu casaría.
Os mozos todos d'ahora
son coma bolos sin sal.
Proba aquí, proba
acolá,
por ver se ganguiñas can.
Enfadáchete comigo
porque neno te chaméi.
¡Mira se non è nenada
decir que t'olvidarèi!
[p. 48]
XVII
Para tomar aires puros,
quero as alturas d'os montes;
e rio para bañarme,
qu'auga trai de moitas fontes.
N'a tua horta, meniña,
hai un pè de malva-rosa.
Dame d'él unha poliña,
qu'eu ch'a daréi de
mimosa.
¡Ay qu'alelí bonitiño
levas, Dolores, n'o seo!
Trócam'o, troca, se quères,
por este nardo
qu'eu levo.
S'è que mañan vas à feira,
dime por onde, María.
Eu à feira teño
qu'ir;
iremos en compañía.
Fun ò prado segar herba
o seguéi cardos tan solo.
Acerqueim'a unha meniña
e díxome «Teño dono».
N'o palacio de Ximonde
unha nena toma o fresco.
Millor lle fora
tomálo
n'aquel soutiño de cedros.
Moito pra a Misa d'a gaita,
moito, nena, te compós.
Aventuro a que
non é
po-la Misa, nin por Dios.
Fun hasta a vila descalzo
e os pès enchínme d'ampólas.
Levei calzons emprestados
e vin pra a casa en cirólas.
[p. 49]
XVIII
Se fuche comigo a Laxe,
fuche po-lo teu porveito.
Esa razon que
dixeche
púdoche quedar n'o peito.
Todos me dicen que teño,
que dèi en entristecer;
eu digo «Non teño nada;
algo quixera xá ter».
Ninguen a bailar me chama
o afogo entre suspiriños...
¿De que me sirve ser guapa
se non m'o din
os mociños?
Moito Ambrosio me gustóu
hoxe n'a Misa d'a gaita...
Ñamadre, quero
esta tarde
ir con Amparo à rüada.
Teño uns enxertos n'ä horta;
non sei de que caste son;
os gárfios
bós parecían;
os froitos serán, ou non.
Non penses, porqu'estudies,
qu'has d'engañarme ti a min,
pois ech'o
Crègo meu amo
e seiche falar latin.
Salir d'a casa, amantiño,
non podo de noite sola.
Se queres falar
comigo,
ven mañan à miña esfolla.
Encargáronm'unha criba
e trouxen unha peneira.
A culpa foi d'un xastriño
con quen anduven n'a feira.
[p. 50]
Dam'un ramiño de mirto
o dareich'unh'azucena.
De mirto deillo a Pastora.
Se queres un d'alhucema...
De flores d'o meu xardín
terás, Pepe, unha corona
o día qu'ò altar vayamos,
o día d'a nosa boda.
Teño unha Misa ofrecida
à Virxen de Gundian,
outra teño à d'os
Dolores,
outra a San Sebastian.
Mi madre visteu, de moza,
xustillo de pana negra.
Hox'a pana n'è de
moda.
Eu quèro-o de filoseda.
Mi madre visteu de leiras;
eu leiras n'as podo ver.
De tarazona, ou
Segovia,
o meu mantelo há de ser.
N'este pano d'a cabeza,
faime, Rita, unha lazada,
qu'a cofia xá non
acái
e estach'hoxe desusada.
XIX
A chover vai de seguro,
quó Pico-Sagro pon touca.
Leva, meniña, a facenda,
qu'a chuvia non
será pouca.
Parece qu'inda foi onte
cando a teu pai te pedin,
[p. 51]
¡Ay que noite, noite aquela,
en que me dixeche sí... !
Dorm'o meniño n'o berce,
sin saberse o que será.
Botamos moitas contiñas
e Dios outras botará.
A anada presenta ben;
as huchas teñen grauciños.
¡Pobre d'o que nada ten
e vai de còte òs veciños!
O prado de Guimeráns
de còt'herbiña está dando;
por eso alí o caseiro
ten moito e
lucido gando.
Viva a Ulla, viva a Ulla,
qu'anqu'è terra de milliño,
è terra que
dá de todo
e pra o Rei moito mociño.
XX
O día que nos casamos
plantóu Luis un laranxeiro;
hoxe laranxas xá
ten
que come o meu vinculeiro.
iCanta xent'alá n'o Pico,
d'o Pico-Sagro n'a cima!
Parece un pucho
de rosas
caído sobr'unha piña.
De Santa Crús òs Dolores
ide, mozos, ide, nenas;
Comerés castañas novas,
qu'eu pra'stonces hèi
de telas.
[p. 52]
De Vilancosta a Santiago
non vayas po-la Riveira;
non vayas por
Sarandon;
vay po-la barca de Neira.
Bonita è a barca de Neira,
a barca de Valladares;
aposto a que mais
bonita
n'a viron estos lugares.
Onte fuche para Cáis;
hox'òs pobres xá non falas;
prò falarálos mañan
e volveránch'as espaldas.
Non penses asoballarme,
porque sea vïudiña,
pois teño brazo c-o
jués
e señores d'a alcaldía.
Tiven un fillo e morréume
n'a guerra como soldado.
Bágoas que por
el botéi
sábe-o Diosiño adorado.
Torriña de Vilanova,
ilesia d'o meu lugar,
cada ves que pra ti miro
non fago senon chorar.
Ò teu redor, miña ilesia,
¡cantas voltiñas dèi eu...!
¡Cantas,
cantas, de rodillas
po-lo soldadiño meu... ! ! !
[p. 53]
XXI
Guimeráns è linda pousa,
mais Ximonde sin disputa,
e mais
qu'entrambas ainda
Santa Crús de Ribadulla.
Pra conversar namorados,
os paseos d'Ortigueira;
sobre todo o d'os buxiños,
ond'a fonte d'a Nogueira.
Cando o sol d'a tarde bate
n'os cristás d'a tüa casa,
eles topacios
parecen,
fogueiras en que s'abrasa.
Pasei o San Xuan d'a Cova
n'unha barca pequeniña.
O estreito, dá
medo;
a auga corre mansiña.
N'a barca de Sarandon
entrando c'a miña prenda,
n'un remo remaba eu,
n'ö outro remaba ela.
As mozas todas d'ahora
non son com'as mozas d'antes:
as d'antes còfia traían;
as d'ahora tran
turbantes.
Onte solteira moi maja,
ben querida d'os mociños,
hox'enferma
n'unhas pallas,
sin pan que dar ós filliños.
Onte n'a rüa bailando;
boxe na tomba deitada.
Mundo perro engañador,
¿de que sirve a túa farsa?
[p. 54]
XXII
Teño unha mesa de pedra,
ond'o meu home xantaba.
Desqu'o meu home
faltou
a mesa non me val nada.
Roupa d'a miña baranda,
roupiña d'a miña boda,
¿quen t'há d'usar, miña roupa,
s'hox'a de loito m'abonda...!
Loito levo n'a cabeza,
loito sobr'o corazon
e loito en todo o corpiño
desque me morreu Anton.
Cantan os grilos n'a terra,
as rans, n'os ríos e n'os charcos
e eu, ¡coitada vïuda,
choro ahora
en todos lados!
Voume pra a miña casiña,
ond'os filliños m'agardan.
¡Nunca pensei que
tan cedo
eles sin pai se quedáran!
Felice-l-os que se deitan
sin ansias en que pensar;
érguense, porque despertan
e saben qu'han d'almorzar!
Garda, Xan, o día santo.
Para xá de traballar,
que Dios dá tempo pra todo
e poderá ch'o quitar.
Ten devoción, meu filliño,
c'a Virxen Nosa Señora,
qu'è a nai d'os
pecadores
e ói a quen mai-l-a implora.
[p. 55]
Pensá, mociños, n'a morte;
velliños, tamen pensá;
mirade qu'ela non
dice
cando, nin por quen virá.
Toca a difunto a campana.
Quen morreu non preguntés.
Rezade por unha almiña,
e d'èla non murmurés.
O difunto vai pra a ilesia.
A campana está-o chorando.
Campana, o morto non ói;
ti estasm'a min
avisando.
Debaixo d'a sepultura
podrece o ben qu'eu amei
¡e n'ela d'auga
bendita
siquera pinga botei...!
Ven, filliña, ven comigo
ò cimiterio a rezar,
qu'hox'è o día de difuntos
para nos de gran
pesar.
¿Ves aquelas negras cruces
n'aquela fresca terriña?
Pois baixo
d'elas estanche
teu pai e tüa hirmanciña. |
|
|