m5currosenriquezairesdaminhaterra032.html
[p. 147]
N'O CONVENTO
Anque m' apopupen, anque
A porta se me atranque, |
Teño d' entrar n'a irexa d'o convento.
¡Que estou escomulgado! Millor, ea: |
Non merece d'a patrea acatamento. |
Reconecida abondo pol-a hestoria,
Q' ó que nunca pecou Diol-o condena.
Testigos, n'o presente, o meu abade— |
Y-a sua candonga —vella Madalena. |
Que viu Xacob n' un soño d' israelita,
Ser ánxel n' estes tempos non val nada. |
[p. 148]
O que se necesita
E' ser monxa preñada
Ou crego sodomita.
Abrídeme esas portas, |
Concencias farisáicas, almas mortas,
Que faguedes de Dios un ruin caseiro,
Cal si fôra capaz ó que s' atrasa
De polo a puntapés fóra d'a casa,
Deixandoo ó raso por non ter diñeiro. |
Abrídeme esas portas! Eu aspiro
D'a irexa n'o retiro, |
Á perfeucion católica-romana.
Fincaréime ante os santos reverente. |
Levaréime o copon baixo a sotana.
D' asesinos, ladrós e cabecillas
Cheas estan as máxicas capillas |
¿Por qué ll'hades quitar á un home
honrado |
De Loyola, d' Arbués e d' outros
tales?...
Xa entrey, por fin, xa entrey. A luz febea,
A través d'as vidreiras de colores,
Os sembrantes d'os xustos alomea, |
En que figo ó machado mil pirmores. |
Estilo Luis XIV, eiquí sentado
[p. 149]
Ó Padre Eterno miro, fusco, austero,
Está serio comigo por q'un dia
Chaméille vello n'unha poesía...
Pero o rapaz ben sabe que lle quero. |
San Pedro, alá, co'a sua
Fenomenal gazúa, |
Fáime acenos de rabia; acenos tolos.
¡Éste non m' abrirá d'a groria as portas!
Xogando d'o convento poI-as hortas
C'un seixo abrinll'eu antes os miolos. |
Máis lonxe, San Inacio
Inquírime dispacio, |
Como quen recordar quer unha inxuria, |
E marmulla entre dentes
Us ditos insolentes, |
Non sey si d'odio, ou de feroz luxuria. |
Pezoñentas, hidrópicas, vidradas,
Un Cristo á quen neguey Ile creza o pelo;
Alá vólveme a espalda, ameazadora, |
Cal toda virxen ó deixar de selo. |
Contra min roga pragas
San Farruco, o d'as chagas, |
Porque quixen curarllas con nitrato;
E pónseme á rosmar Santa Lucía,
Porque quixen á un cego darlle un dia
Xiquera un ollo d'os que ten n'o prato.
[p. 150]
Pra tratárenme así tantas e tantas |
Moito debín pecar...; pero non tremo.
Aló n'o fondo d'a deserta nave,
Oyo á chamarme, lánguida e suave
Unha vos delorida, a vos d'o Demo. |
Rival d'o Eterno, loitador antigo,
Protesta viva contra a forza bruta!
Baixo o pe de Miguel, que che dá guerra,
Cal baixo d'o cazique a miña terra.
Tí trunfas sempre n'a imortal desputa. |
Non te topey xamáis n'o meu camiño
Sin quitarche o chapeu pra darch' os días,
Mentres outros católicos ben fartos
De toparte como eu, quítanche os cartos
Pra con éles mercar capellanías. |
Tí soprábasme a luz cando estudaba
O latín d'o Pio V estrafalario,
E facíasme rir de miña aboa
Que co'as contas n'a mau, de doa á doa.
Empedraba de sonos o rosario. |
Que eu pra querer nacin todo caido,
Pra dar a mau a todo disgraciado;
E tí fúchelo tanto hastr'o d'agora.
[p. 151]
Que, si quen máis domina é quen mais chora,
Débeche estar á porta o teu reinado. |
¡Ay, cántas aldraxadas,
Ay, cántas xudiadas |
Mereciches de Papas e Cardeales,
Tí, que tantas irexas costruiches
E que nunca un mal toxo adiquiriches
Que cheirase á mostrencos ou destrales! |
D'o Paradiso aló n'o abril
primeiro,
Fuches salvaxemente castigado.
¿Por qué aquel golpe pra faguer d 'Estade
Ó tres non agardaches de Xaneiro? |
¡Máis conta che tería!... |
E por mal que che fose, estou pensando |
Que as risas mereceses de Pavia
Capitan xeneral con vida e mando. |
Que de tí se bulrara chocarreiro.
Lutero certa vez viuche as orellas
E zorregóuche a cara c'un tinteiro:
Volveute ver n'o medio d'un lameiro
E persentóuche as nádegas vermellas. |
Fóra Platon, aquel republicano |
Qu' era caritativo anque pagano,
¿Quén te non maltratóu?... Santa Teresa, |
Despois de ser tua amiga, |
[p. 152]
¡Ingratitude atrós! púxoche a figa,
Como m'a puxo á min certa Condesa. |
Say d'ese altar, Demoro,
Idolo q'eu adoro, |
Say d'ese altar axiña e ven lixeiro
N' a idá nosa á vivir, que te respeta,
E n'ela con Voltaire serás poeta
Ou con Monsieur Lessepps inxenïeiro.
Fásnos falIa. Os monárquicos partidos
Teñen a pátrea á albitre de bandidos
Y-a estrozalos contigo hemos de pornos
Non loitarás con armas desiguales: |
Levan as que ti levas: voto e cornos. |
Mais se non che bastar, sigue o proceso
De Moret, e s' inda eso non che basta
Faille á nova Rexencia a cortesía,
E dende unha Embaixada á unha alcaldía
Conta c'o que quixeres de Sagasta. |
Pro, si algun diñeiriño tes roubado,
Anque for d'un depóseto carlista,
Y-a Roma vás y-ó Papa ll'o oferceres, |
Virás Duque e virás lexitimista. |
Á cencia, á industria, ó arte |
Pódes tamen, si queres, dedicarte: |
[p. 153]
Vivir d'o merodeo
D'o pensamento alleo |
N'o cadro, n'a novela, n'a poesía;
Faguerlle en vida ás nosas grorias guerra,
E sólo cando está baixo d'a terra
Acordarte d'a probe Rosalía... |
Y-algunha q' outra folla de loureiro,
Que sempre loce ben n'a idá que corre;
E máis prosperarás —¡Dios n'os
asísta!—
Si t' afílias n'a escola realista
E pós ventosas á Rodin, que morre.
. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . |
Pois que te vés comigo,
Demo, meu bon amigo, |
Sayámos xa d'a irexa d'o convento.
¿Estóu escomulgado?... Millor' ea; |
Non merece d'a pátrea acatamento.
|
|
|