m5armadateixeirononmaisemigracion003.html
[p. 46]
TITOLO D'OS CUADROS
DÓ
AUTO SEGUNDO
1º A
"noite boa" n'a Habana.
2º Cousas d'a emigracion.
3º Volta ó fogar.
4º Foliada. |
DECORACIOS.
1ª Praza
d'Armas d'a Habana
2ª Adrentos d'un hospital.
3ª A 28 d'o auto primeiro.
4ª Atro d'unha igresia en Galicia. |
[p. 47]
PERSONAXES.
Marica.
Tia Colasa.
Tio Andres.
Xan
Crego d'aldea.
Abade d'un hospital de Cuba.
Don Xaquin.
Farruco.
D. Alifonso (maestro d'unha escola d'a Habana.)
Anxelo.
Alberte.
Rapazas, soldados, serenos, pregoeiros de peródicos,
etc., etc. |
|
[p. 49]
Teón ô medio d'o escenario semelLando á
"Praza d'Armas'' d'a Habana Sentadeiros ôs lados. A escena pasa
entre lusco e fusco. Epoca: o 24 de Decembre de 188...
1º. RAPACES pregoando peródicos gallegos. 2º.
TANGO de negros congos. 3º. DON ALIFONSO
(maestro d'escòla mui esfamentado.) N'o escenario aparcen os
pregoeiros con peródicos n'a mau.
|
Rapaz 1º. |
¡O ECO DE GALICIA d'hoxe, con noticias escoIleitas! |
Idem 2º. |
¡A GAITA GALLEGA, peródico churrusqueiro! |
Idem 3º. |
¡A REVISTA DE GALICIA! |
Idem 4º. |
¡A GALICIA MODERNA! |
Idem 5º. |
¡O ECO DE GALICIA! |
Idem 6º. |
¡A GAITA GALLEGA! |
(Un tango de negros cantando e brincando atraves'-
[p. 50]
a escena. Os rapaces ò
velos fanlles barullo) |
Don Alifonso. |
|
(Sallindo pol-a dereita) |
|
Os
pícaros persiguenme donde queira. |
(Os pregoeiros fanll'unha ròda e mèteno n'o medio.) |
|
¿Qué
queredes, rapaciños? |
Rapaces 1os. |
¡Cantámosllo? iCantámosllo?' |
Rapaces 2os. |
Si, si, cantémosllo. |
RAPACES.
|
Si n'as ribeiras d'o Miño,
D'o Landrove e d'o Saréla,
En que veu Pardo de Cèla
A primeira luz d'o sol,
Andan hoxe de ruada
Os mociños bullangueiros,
Festexando feiticeiros,
O nacimento de Dios;
Si n'aquela nobre terra,
A noite de "noite boa"
Todos tèxen unha croa
'O neniño de Belen,
E xantan, e logo cean,
Grelos e lacós adoito,
De Monforte o bon bizcoito,
Requeson de Recemèl;
Tamén é mestér aquí
Semellar a nòsos páis,
E xantár e beber máis,
Si é posibre, qu'os d'aló;
Veña, póis, unha moeda,
En toada d'aguinaldo,
E ¡viv'Antolin Faraldo,
[p. 51]
Gallego d'os de mistó! |
D. ALIFONSO.
|
Eu non pòido,
Rapaciños,
Regalarvos
Nin un ríf;
Son maestro
Esfamentado,
D'unha escòla
D'as d'eiqui.
Non me pagan
Hai dèz meses
Nin un carto
D'o xornál;
Teño fillos,
Mulleriña,
Cén mil deudas,
E ná máis.
En Galicia,
Moitas veces,
Aguinaldo
Repartín;
Pro n'a Habana
N-é posibre
Pois non teño
Nin un rif. |
|
RAPACES.
|
Non tèn nin un rif
Deixalo fuxir. |
(Desfán a ròda e váise Don Alifonso pol-a ezquerda.) |
SERENOS
qu'aparcen pol-a dereita. Os RAPACES fuxen ô velos.
[p. 52]
Siguenos os
primeiros ó mesmo tempo que di o que vai diante:
|
Sereno 1º. |
Vosoutros si que vades a fuxir ¡aguinaldeiros cativos! |
Todos |
Somos serenos
Que pol-a noite,
Vidas e tendas
Vamos gardár;
Nunca velámos,
Sempre durmimos,
Bastra qu'o dia
Vái crareár.
Non damos horas
Como n'un tempo
S'acostumaba
Dar n'o Ferrol;
Nin pregoamos
Si fai boa noite,
Si está nublado,
Si vèn ciclón.
De cand'en cando
Facemos algo,
Damol-o voto
N'as eleuciós,
'Os concexales
D'o Ayuntamento,
Teñan, non teñan,
Nòsa opinión.
[p. 53]
Eles en tròque
Quèrennos moito,
Póis bos cabritos
Somos ô fin;
Mais nin por iso
Cobramos miga,
Qu'o Municipio
Non tèn d'aquí.
|
(Fan c'os dedos sinal de diñeiro. ) |
|
N'as
sabonetas, |
(Sacan os relós d'a faltriqueira. |
|
As
sète son:
Xa cheg'a hora
D'ir de rondón. |
(Váns'aparexados pol-as distintas caixas d'os bastidores.) |
1º. AGUINALDEIROS. 2º. ANXELO. 3º. FARRUCO e
tres compañeiros, un pouco de trinquis. Visten os catro, traxe de
soldados. Farruco lèva n'a mau unha guitarra; o compañeiro primeiro,
unha vara con roscas ensartadas; o segundo, unha bota con viño, y-o
terceiro, un queixo que vai, pouco a pouco, esnaquizando c' unha navalla.
|
(Atravesan a escena catro aguinaldeiros
entoando o canto que sigue, cuya letra e música, é popular n'os
arredores d'o cabo d'Ortegall,)
|
Aguinaldeiros |
Desd'aló
d'enriba d'o Ponto,
Hastr'acó vimos correndo,
Pra cantar con alegría
As nòvas d'o nacimento.
E vide rapaces,
[p. 54]
E vide correndo,
E vid'a Belen
E veredol-o neno |
E
tragued'unha bota con viño
Pra dar un trago ô nòso ruliño. |
(Metense drento d'o escenario ô mesmo tempo qu'aparcen pol-o lado òpòsto
Farruco y-os tres compañeiros. ) |
Farruco. |
¡Vaiche n'a misa en Conxo! O dia de "noite boa" n-hai xèfes
n'a milicia. Todos somos uns. |
Compañeiro 1º. |
¡Póis non faltaba outra cousa! |
Idem 2º. |
¡Craro está! |
Idem 3º. |
Farruco d'Outeiro: "o soldado n'a fila é unha estaca, e si che
caen os mocos...." |
Farruco. |
|
(Tapandoll'a boca) |
|
¡Cala, larpeiro! |
Compañeiro 3°. |
Mellor será; pro pra iso faise mestér que repiniques n'a guitarra unha
còpra d'aquelas enxebres que ti sabes.. |
Farruco. |
Primeiro, veña un gutiño. |
(Danll'a bota.) |
|
Pol-a vòsa saúde. |
(Despois de beber pasall'a bota ó compañeiro 1º.) |
Compañeiro 1º. |
D'hoxe eu vint'anos. |
Idem 2º. |
N'a nòsa tèrra s'entènde. |
Idem 3º. |
E ti qu'os vexas. |
(Sentanse n'un banco) |
(En canto Farruco acaba de tarareár cada unha d'as cópras que siguen,
os compañeiros brincan y-aturuxan decindo indistintamente: "¡
Veña d'aló! ¡Hox'-
[p. 55]
ard'o
eixo! ¡Ó que me
dé un pau doull'un peso!" etc., etc.
|
|
|
Farruco. |
Si
se pesáran verdades
N'a balanza d'a Xusticia,
Pesaría máis que todas,
"'Despóis d'o cèo, Galicia." |
|
|
|
Cando
de valentes haxa,
N'o mundo, unha esposición,
Ganarán medalla douro,
Os paisanos de Feixóo. |
|
|
|
Si
unha estrela se fixase,
Dond'houbèse máis vertú,
A patrea d'o Sil sería
Asento d'aquela luz. |
|
|
|
Cand'en
España s'erixa,
Un menumento â mullér,
Gallego será o modèlo
Ou xusticia n-ha d'haber.
|
(Salle Anxèlo pol-a primeira caixa d'o bastidor d'a dereita. Anxèlo
fala tatexando.) |
ANXELO. |
Farruco d'Outeiro ¿E ti èlo? |
FARRUCO. |
0 mèsmo, Anxelo de Loiba. |
(Apreixanse.)
[p. 56]
|
ANXELO
|
¿Can.... can... can.... cando viñèche? (1). |
FARRUCO |
(Ap.) ¡E non me chama can o condanado! |
(Facen dolle bulra a Anxelo.) |
|
Asno....
asno.... asno.... âs nòve d'a mañan d'onte. |
ANXELO. |
¿E vich'a Xan d'os Picos? |
FARRUCO. |
Ainda non, e iso que teño ganas de falarlle, aparte de que traigo pra
él duas cartas: unha d'a nai y-outra de Marica d'Andrade. |
ANXELO. |
Pois estache morrendo d'o gómeto n'o Hospital de San Felipe. |
FARRUCO. |
¿Como morrendo? ¡Nunca Dios me dèra! ¡Morrer sin xustificar a Marica
diant'os seus ollos! Eu corro a velo. Rapaces, acompañaime. |
TODOS. |
Vamos, si, vamos todos. |
(Sallen os soldados.) |
ANXELO. |
|
(Que se fixo o remolón) |
|
Remordell-a
concencia. Bèn dixo un hòme de fárragos vellos |
|
"Que
n'o infèrno profundo
Non s'oyeu pior sentencia,
Que camiñar pol-o mundo
Cargadiño c'a concència" |
|
FARRUCO.
|
|
(Desde dentro.) |
|
Vamos
de prèsa, Anxelo. |
ANXELO. |
¡Xa vou....! ¡Dios queira qu'este arrepentimento non sea unha nova
falcatruada! |
(Váise.) |
Sala d'o hospital de San Felipe d'a Habana. Pòrta ô
fondo c'un letreiro que diga, "Hospital de San Felipe e Santiago: Sala
2ª." 'A mau ezquerda en segundo tèrmo
unha ventá pechada, pro que se pòida abrir.
|
(1) |
Esta
pregunta y-a contesta de Farruco, dis que se cambearon entr'un maestro
y-un estudiante de Santiago, aló n'os tempos en qu'a nósa fala
merecía os agasallos de todol'os gallegos. |
[p. 57]
XAN, ABADE do hospital, cinco ou seis hòmes d'o
CORO, duas HIRMANS D'A CARIDÁ.
A situacion d'os personaxes é a siguinte: Xan, sentado
n'un sillon de brazos, ô lado dereito: os hòmes d'o còro pol-o seu redór
como s'estuveran de vesita; unha d'as "Hirmás" dandoll'ô enfermo
unha cunca de caldo; a outra "Hirmá" tamen ô lado d'el é cunha mau
n'o hombro de Xan; o abade n'o lugar que conveña.
|
Abade.
|
|
(A Xan) |
|
O peligro
foise xá, de maneira, qu'escusa d'afrixirse. Estas santas "Hirmás"
son pra vosté n'ista tèrra, o qu'en Galícia poidéra ser sua nai. |
Xan.
|
Non teño queixa ningunha. 'O contrario; sèmpre qu'ande pol-o mundo
direi qu'a elas, despois de Dios, lles debo a vida.
|
Hirmá 1°.
|
Nosoutras, Xaniño, non temos n'a tèrra outro fin que cumprir, mais
qu'o d'asistir ôs enfermos.
|
Xan.
|
¡San Andres de Teixido lles premee tan bos sentimentos!
|
As Hirmás.
|
¡Así sea!
|
(Vánse) |
Abade.
|
O que conven agora
|
(dirixindos'os compañeiros de Xan) |
|
é
non molestalo co parólas. |
Xan. |
Non me fán dano ningun.
|
Abade.
|
¡Nò! ¡Nò! O menciñeiro,recomendoumo moito; de maneira que non vayamos
a escangallal-o pataco.
|
OS DITOS, ANXELO, FARRUCO y-os tres COMPAÑEIROS d'o
cuadro primeiro d'este auto.
|
Farruco. |
|
(Desd'a pórta e co'a gorra de cuartel n'a mau.) |
|
¡Hai
lècencia?
[p. 58]
|
Xan. |
|
(Medio erguendose.) |
|
¡Esa
voz....! Adiante quèn sea. |
(Entra Farruco, y-o velo o Abade falalle caladiñamente) |
Farruco. |
|
(Con agarimo) |
|
¡Xaniño! |
Xan. |
|
(Con mal xeito) |
|
¡Farruco
d'Outeiro.....! ¿Que diaños te trai por acó? |
Farruco. |
Vesitar ô veciño, ofercerm'o enfermo e satisfacer ô amigo. |
Xan. |
Si así fora.... ¡Veñan esos cinco, Farruco d'Outeiro! |
Abade. |
|
(A Farruco.) |
|
Non
s'esquenza d'o que ll'acabo de decir. |
Farruco. |
Custiós de moita comenencia pra Xan, obríganm'a falarlle sin que
deixe pasar siquera un segundo. |
Xan. |
E lógo, Farruco, vasm'a decir algo bon? |
Farruco. |
Algo, non, moito, sí: de teus páis, de Marica, d'os teus amoríos,
de moitas intrigas miñas. |
Xan. |
¡Loado sea Dios! Sr. Abade, rapaces: deixenme dous menutos nada máis
pra falar con este amigo. |
(Sallen os aludidos.) |
|
Farruco:
coll'un tallo, rechégate pr'acó e fala o que queiras. |
Farruco. |
|
(Despois de facer o que Xan lle dixo) |
|
Supoño
que non t'haberás esquencido, d'aquelas escenas que pasaron entre nòs
e Marica, cando tras d'a cañota d'o castiñeiro.... |
Xan. |
|
(Interrumpíndolle) |
|
Xá
m'acòrdo. |
Farruco. |
Póis bèn; todo aquilo era unha falcatruada feita por min pra
xiringarte. |
Xan. |
Enton Marica.... |
Farruco. |
Era inocente. |
Xan. |
¡Loada sea ela! |
Farruco. |
Eu habia tempo que me bilraba por esa rapaza. |
Xan. |
¿Y-ela?
[p. 59]
|
Farruco. |
¡Ela....? Desprezábame por qu'estaba namorada de tí. |
Xan. |
¿De mòdo.......? |
Farruco. |
De mòdo qu'a min me debes botár a culpa de todo, pòsto qu'eu fun
o qu'armei mil marañas pra sacarte d'o medio, creendo mal creido
qu'èla, non estando ti, ademitiria os meus parrafeos, |
Xan. |
Conta. |
Farruco. |
Eu a seguia por todos lados pra que t'amoscáras. De cand'en vez,
cltiscaball'os ollos n'a tua presenza. |
Xan. |
Ben te vía. |
Farruco. |
A
tarde d'o parrafeo n'o curral d'a tua chouza.... |
Xan. |
¡Que....! |
Farruco. |
Fíxenlle
creer que ti m'habias mandado preto d'èla, pra desengañala con respeuto
ô teu amor. |
Xan. |
¡Ora
o diaño! |
Farruco. |
Y-o
mesmo tempo qu'eu t'estaba traballando pra conseguir que non te foras. |
Xan. |
Lògo
os agasallos qu'èla che facia.... |
Farruco. |
Facíos
n'a creencia de qu'eu m'enteresaba por vervos casados n'un anaco de
tempo. |
Xan. |
¡Cata
que cousas! |
Farruco. |
Fúchete tí, y-aquela mullér morria esconsolándose. FalèiIlo mil
veces e
nada. Enton .... |
Xan. |
¿Enton qué? |
Farruco. |
Procateime
d'o mal que lle facía Falèille â tua nai: chameina a èla y-o Sr. Cura:
conteillel-o todo, e todos.... |
Xan. |
Qué.... |
Farruco. |
Aconselláronme
que ch'escribise dicíndoch'a verdá. Cand'ò iba facer así, caín
quinto. |
Xan. |
Fala. |
Farruco. |
Soupen
que viña destinado a Habana. Aviséillel-o
[p. 60]
a eles, gabándome de poder
darche presoalmente istas espricaciós. |
Xan. |
¡Bèn
chas agradezo! |
Farruco. |
Tua
nai deume unha carta.... |
Xan. |
¿Dónd'está? |
Farruco. |
Marica outra, y-eu donch'as duas pedindoche mil perdós pol-o mal que n'un tempo
che fixen. |
(Dall'
as cartas.) |
Xan. |
¡Papés adourados! |
|
Estes papés queridos
Danme salú.
¡Bèn haxas, Farruquiño,
Bèn haxas tu!
Xa teño calma,
Xa revive desd'hoxe
A miña y-alma. |
Farruco. |
Gabareime mil veces
Che den salú,
Os papés queridiños
Que bicas tu;
E que n'a y-alma
Teñas sèmpre, de sòbra,
Garrida calma. |
|
Xan. |
Estes papés queridos etc. |
Farruco. |
Gabareime mil veces etc. |
Xan. |
¡Ai, Farruco! ¡De canto che son merecente! |
Farruco. |
Aquebucaste. Nada me debes
agradecer. Eu en tròque, estimaríache moito.... |
Xan. |
Di o que queiras. |
Farruco. |
Que fixeras os posibres por irte
pra nòsa tèrra. |
Xan. |
¡Quén poidèra! |
Farruco. |
Eu sallo mañá pra Santiago de
Cuba, de maneira que, quizais, quizais, sea esta a últema vez que che
falo, e sendo así.... |
(Oyese ecnlca voz
que chama por Farruco.) |
|
Voume,
Xaniño. Fai o que ch'encargo..... |
Xan. |
¡Ogallá! |
Farruco. |
Adios Xan. Manda decir â casa o
que pagou entr'os dous e non m'esconxures. |
Xan. |
¡Farruco, adios! |
Farruco. |
Ainda pòde que volva por acó. |
(Váise) |
O DITO, despois a BENEFICENCIA
(2), máis tarde
o ABADE, FARRUCO e compañeiros, AMIGOS de Xan, CORO de rnulleres.
|
Xan. |
En medio d'as miñas disgracias sou felís âs
veces. ¡Ai, naiciña querida! ¡Ai, Marica adourada! |
(Dalle chuchos âs cartas.) |
|
Vexamos
o que me dín. Esta é de miña nai. "Xaniño d'a y-alma: Fai
dous meses que non sei de ti." Non era por esquencimento, pro si
por non ter cartos pra sellos. "A miña vida acábase pouco a
pouco." ¡Probe! "Desde |
(2) |
Figura
alegórica que vestida de branco e mourado presoífica â Sociedade
de Beneficencia Gallega. Pra mellor intelixencia d'o púbrico, o
artista que faga este papel levará unha banda mourada con letras
brancas que digan "Sociedade de Beneficencia Gallega d'a Habana." |
[p. 62]
|
que
te fuche non vivo un anaco de tempo sin verter bagoas como puños."
¡Bèn cho creo! "Ven, meu Xaniño, ven ô bèrce d'a tua
nai. Marica esperate esconsolada. Teu pái agardate pra bendecirvos. Non
te fagas xordo ôs meus rògos, póis sòménte así poderá vivir tua
nai: Colasa." ¡Probe nai! iProbe náiciña! ¡Canto ch'estou
facendo sofrir! |
(Abre a carta d'a noiva.) |
|
De
Marica, ¿que me dirá Marica? ¡Seu retrato! ¡Miña virxen d'o
Cristal que boa eres! ¡Meu amor! ¡Meu amorciño! ¡Pro Mariquiña que
fraca estás! ¡Dios me valla! ¡Finas'a tua vida, Marica d'a y-alma! |
(Bica o retrato.) |
|
"Meu
feitizo: Supoño qu'ôs teus ollos estarei xustificada gracias ô bon de
Farruco que me pormeteu falarche. Si che interesa a miña saúde, brinca
ô meu lado que te recibirei c'os brazos abèrtos. Corre Xaniño d'a
y-alma, corre a apreixarme. Eu morro de soídá. Ven; ven aprèsa,
siquer pra que recibas meu últemo sospiro, qu'a ti, ná mais qu'a ti,
che pertenèce. Teu esconsolado amor: Marica. |
(Volv'a darlle bicos ó retrato. ) |
|
Pois
señor, |
(Moita pausa.) |
|
a
cousa é boa; Marica finandose de soidádes; miña nai c'un pè n'a còba: |
(Oyese tronada ó lonxe.) |
|
eu
sin saúde...., sin diñeiro...., sin amigos qu'o teñan.... ¿Que farei....
? ¡Morrer tamen....! |
(Con decision.) |
|
Si....
pro.... ¿de que manèira ....? ¡Ah! ¡Xa sei! Duas pingas d'este
brebaxe mandoume botar o meciñeiro en cada cunca d'auga ¡bebend'o
todo....! ¡Non.... ! Vou a sofrir moito.... e bastante estou sofrindo
xá. Morrer.... si; pro morrer decamiño.... ¿Como? ¿De que maneira? |
(Abre a ventá, y-o abrila fireo un lóstreyo.) |
|
¡Carafios! |
(Con medo.) |
|
Si....
a estas alturas.... espachúrrome. ¡Pro.... ! !Nada! ¡Que Dios me
perdone! |
¡Adios, miña naiciña!
¡Adios, ti, Mariquiña!
¡Adios, que vou morrer!
¡Adios, pái adorado!
¡Adios, lugar amado!
¡Adios..................... |
(Fai aucion pro botarse pol-a ventá; pro n-o mesmo istante, salle de
debaixo d'o escenario a "Beneficencia'' que s'adianta hacia Xan e
termina o canto d'este, decindo: |
Beneficencia. |
|
Xan. |
|
(Atolondrado.) |
|
Amigos, amigos,
Correde pr'acá. |
|
|
(Entran mui de présa, o córo de mulleres vestidas en traxe de monxas,
o Abade, Anxelo, Farruco e compañeiros, os amigos que vesitaban a Xan,
criados d'o Hospital etc.) |
Os qu'entran. |
|
Xan. |
Que m'iba..... matár,
Y-aquesta neniña
Salindo d'o chan,
Con moito agarimo
Votoume pr'atrás. |
|
Os qu'entraron. |
¡Quén eres?
Responde
¡Quén eres? Di, xá . |
|
Beneficencia. |
Eu sou a gallega
Probe sociedá,
Qu'en tèrras de Cuba
Allargall'a mau
'Os fillos enfermos
[p. 64]
D'o gallego lár. |
|
(Arrodíllanse todos menos éla) |
|
|
(Abríndo o manto pra que se cobixe Xan.) |
|
Terás proteucion,
Qu'ôs probes d'Erin
Concedo favor. |
|
(Xan fai o que lle di a "Beneficencia."' |
Xan, o Abade e Farruco. |
Bendita sèmpre sea,
A nobre sociedá
Qu'os emigrantes probes
Alárgalles a mau. |
|
Os córos. |
Protex'a providenza, con dones feiticeiros,
A sèmpre dadivosa e tenra sociedá,
Qu'os emigrantes probes d'a céltica Suevia
Cobixa baix'o manto d'a santa Caridá. |
|
Beneficencia.. |
Eu son a gallega,
Probe institucion,
Qu'en terras de Cuba
Non nèga favor
'Os fillos enfermos
D'a Sueva rexión. |
|
Xan, o Abade
e Farruco. |
Bendita
sèmpre sea
A nobre institucion,
Qu'os emigrantes probes
Conced'o seu favor. |
|
Os coros. |
Bendita unha e mil veces eternamente sea,
A xente que protexe a santa institucion
Qu'acó en tèrras de Cuba non nèga seus favores
'As víctimas d'a negra, mal fada emigracion. |
[p. 65]
0 mèsmo teón y-os mèsmos trastos d'o cuadro
segundo d'o auto primeiro, e decir, a chouza de Xan.
TIO ANDRES, que salle pol-a dereita.
|
Tio Andres. |
Fai hoxe un ano que marchou pr'a Habana o meu Xaniño. Un ano; pro
qu'ano mais longo, qu'ano de choros e congoxas. A nái esconsolada, eu
esmorriñado, Marica consomida c'o sofremento. ¡Xan! ¡Xaniño! ¡Que
será de tí, n'a còba en que vives! ¡Quizais esté mòrto á estas
horas! ¡Quizais............! |
(Pónse caviloso.) |
Marica. |
|
(Que correndo e brincando salle pol-a ezquerda.) |
|
Tio
Andres, Tio Andres, apréixeme. |
Tio Andres. |
¿Que quér decir iso, Mariquiña? ¿Que che pasa? ¿Que socède? |
Marica. |
¡Ai, Tio Andres! ¡Que cousa máis estrana a qu'a min me pasou ònte a
noite! |
Tio Andres. |
¡Como cousa estrana! |
Marica. |
Si. Onte, como de costume, fun a igresia d'a pa-
[p. 66]
rroquea a rezarll'â
Virxen pol-a saúde d'o nòso Xan. |
Tio Andres. |
Sigue. |
Marica. |
Y-ainda bèn non dirixín â imaxe unha òlláda de súprica, tòldáronsem'os
òllos, restreguéinos co'as beiras d'a mau, y-ó ollar nòvaménte pra
éla, éla m' ollou tamén; pro qu'òlláda, Tio Andres, máis agarimosa.
Sentín |
(sospira con satisfaucion) |
|
rebulir
a sangue drento d'o peito: soltaron os òllos bagoas como zreixas...... |
Tio Andres. |
Dí, dí. |
Marica. |
E cando empecei a enxugálas c'o mantèlo, mesmo me figurei oil-a voz de
Xan que me decía: "¡Marica, Mariquiña.... agarda, que lògo,
mui lògo, me terás n'o bèrce!" |
Tio Andres. |
¡Meu San Andres de Teixido! |
(Chòra) |
|
Si
salíra certa a corazonada de Marica...... |
Marica. |
Xuntos iríamos a lebarll'en romaría o froito mais escolleito d'as nòsas
sementeiras. |
Tio Andres. |
E xuntos todol-os anos repitiríamol-o viaxe. Corre, filla d'a y-alma,
corre a contarll'o conto a Colasa, qu'ela cho estimará máis qu'a vida. |
(Oyes'a voz de Xan que tararéa desde drentro d'o escenario o canto que
sigue. 0 Tio Andres e Marica quédanse como lèlos ò oilo.) |
Os DITOS e XAN; despois TIA COLASA.
|
Xan. |
Salve Galicia amada,
Salve gallego chán;
[p. 67]
Dichoso que pòido
Tua pranta bicar. |
(Entra Xan n'o escenario. 0 Tio Andres e Marica apréixano.) |
Xan. |
¡Padre! |
Tio Andres. |
¡Fillo! |
Xan. |
¡Marica! |
Marica. |
¡Xaniño! |
Xan. |
E miña nái qu'é d'èla? ¿dond'está? |
Tia Colasa. |
|
(Sallindo d'a chouza) |
|
¡Fillo! |
Xan. |
¡Nái queridiña! |
|
Salve Galicia amada,
Salve gallego chán;
Dichoso que pòido
Meus bèns apreixár. |
Marica. |
Gracias bendita Virxen
Gracias bendita nai;
Dichosa que pòido
Meu bèn apreixár. |
|
|
|
|
Salve
Galicia amada,
Salve gallego chán;
Dichoso que pòido
Meus bèns apreixár. |
Gracias
bendita Virxen,
Gracias bendita nái;
Dichosa que pòido
Meu bèn apreixár. |
Gracias
bendita virxen
Gracias bendita nái;
Dichoso/a que pòido
meu fillo apreixár. |
Marica. |
¡Ai, Xaniño d'a y-alma! |
Xan. |
¡Que ganas tiña de velos a todos! |
Tia Colasa. |
Cóntanos, Xaniño, cóntanos. |
Xan. |
Lògo, máis tarde; pro antes acostúmense conmigo â bendecir â
Sociedá de Beneficencia gallega d'a Habana, qu'a èla lle debo a vida
y-a vòlta ô fogár. |
Todos. |
¡Que Dios a bendiga! |
Marica. |
|
(Dirixindos'a Tia Colasa) |
|
¿E
casarémonos? |
Tia Colasa. |
Mañá mesmo, si Xan está dispòsto. |
Xan. |
Con toda a miña y-alma. |
(Cóllell'a mau a Marica e póñens'a parolár caladiñamente.) |
Tio Andres. |
|
('A Tia Colasa.) |
|
Ai
que perguntarlle donde deixou a ucha. |
Tia Colasa. |
Non lle digas nada agora; deixô que fale c'o seu amor. Entremos todos e
conversarémos drento. Mañá, â igresia a recibil-as bendiciós d'o
Sr. Cura. |
Tio Andres. |
Pasado, de romaxe a San Andres de Teixido. |
(Métense n'a chouza cantando o cuarteto anterior. Erguese o teón y-aparce
o |
Semella o atro d'unha igresia d'aldea. A
igresia ó lado dereito en últemo térmo.
GAITEIRO e TAMBORILEIRO, MARICA, TIA COLASA,
XAN, TIO ANDRES, SR. CURA, o MAESTRO d'escola qu'estaba n'a Cruña, CORO
d'homes e mulleres. '0 erguers'o teón aparcen â pòrta d'a
igresia o gaiteiro y-o tamborileiro. Os demáis personaxes sallirân d'a
igresia aparexados n'este xeito. 1º. Xan e Marica. 2º.
Tio Andres e Tia Colasa. 3º. Sr. Cura y-o maestro. 4º.
Un mozo y-unha moza etc. Cand'o asoman os primeiros, o
gaiteiro repenica a muiñeira. En canto chegan
[p. 69]
preto d'a concha d'o apuntador,
deixa de tocar o gaiteiro e dí o Sr. Cura.
|
Sr. Cura. |
Rapaces: Fólgome moito de vervos a todos contentos e satisfeitos, dispòstos
a festexar o casamento de Marica d'Andrade con Xan d'os Picos. Fólgome
moito, decia, non sòménte pol-a satisfaucion que todos disfrutades,
sinon tamén porqu'así tedes ocasión de coñocer canto máis val vivir
n'a nòsa tèrra comendo unha coda de broa, que non espoñerse a sofrir
as cativeces e miserias pórque pasou Xan d'os Picos, e qu'ónte â
noite nos espricou n'o sobrádo. Gallegos. ¡Viva Galicia! |
Todos. |
¡Viva! |
Sr. Cura. |
Gallegos ¡Vivan as nòsas tradiciós! |
Todos. |
¡Vivan! |
Sr. Cura. |
Vivan as Sociedades gallegas d'a Insua de Cuba! |
Todos. |
¡Vivan! |
Xan. |
Eu tamen debo decir algo, ou máis bèn, repetil-o que dixen ònte â nòite.
Si n'a Insua de Cuba se sòfren cativeces e miserias non é por culpa
d'o pòbo cubano. Cuba é un pais hospitalario que non nèga a naide,
podendo, súa proteucion. Gallegos, ¡Vivan os cubanos, nòsos hirmaus! |
Todos. |
¡Vivan! |
Tio Andres. |
Mañá, de romaxe a San Andres de Teixido. Agora, veña d'aló Colasa. |
(0 gaiteiro repinica a riveirana e bailan todos. '0 medio d'o baile, o
Sr. Cura coll'ò Tio Andres d'unha mau, bótoo a un lado, e póns'a
bailar co'a Tia Colasa, decindo antes: |
Sr. Cura. |
Eu tamén teño que botár unha cana ô aire. ¡0uh Tia Colasa! iCon
nosoutros n'hai quén pòida! |
(En
[p. 70]
canto se van acabando as figuras d'o baile cantan todos a cópra que
sigue e baixase o teón.) |
Todos. |
¡Non mais emigracion!
Sempre digamos;
E qu'emigrar d'a Suevia
Nunca vexamos.
Qué hax'achego
'A tèrra d'o sofrido
Pòbo gallego. |
(FIN DE
"NON MAIS EMIGRACION.") |
|
|